Conversa usuario:Esfinxe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Esfinxe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 31 de xullo de 2021 ás 10:46 (UTC)[responder]

Isotimía[editar a fonte]

Ola, @Esfinxe:. Nas últimas horas creaches o teu primeiro artigo na Wikipedia. Parabéns!

Desafortunadamente o artigo é demasiado pobriño polo de agora, e outro editor da Wikipedia pasou, viuno, e considerou que non valía para quedar. Non te desanimes por iso.

  • Se vas seguir traballando nel, ponlle por favor o marcador En uso, e así deixarémoste en paz mentres o arranxas con calma. Só tes que cortar e pegar isto ({{enuso}} na parte de arriba do texto.
  • Se crías que así xa ben valía, pois... creo que non, pero non estás tan lonxe. Proba a facer estas cousas:
    • intenta explicar o que é coas túas palabras. A definición que puxeches non se entende demasiado.
    • intenta ampliar un pouco: cando se empezou a falar de isotimía? algúns exemplos recentes? en que ámbitos se estuda a isotomía? É algo recente ou só da Antigüidade?
    • intenta meterlle ligazóns: a goberno, a cidadán... etc.
    • pídeme axuda para todo o que queiras facer e non saibas, escrbíndome na miña páxina de conversa. Bótalle un ollo a democracia, que non é o mellor artigo do mundo, pero onde quizais atopes cousas que podes imitar.

Tamén pode ser que non vexas esta mensaxe ata dentro dun tempo, e que xa che borrasen o artigo. Non te aqueles, todos necesitamos empezar por algún sitio e nunca sae ben á primeira. Inténtao outra vez, por favor, e conta comigo para que te axude.

Un saudiño--Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de setembro de 2021 ás 14:48 (UTC)[responder]

Isotimía[editar a fonte]

Boas, o artigo Isotimía, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 1 de setembro de 2021 ás 16:44 (UTC)[responder]

Ola, @Esfinxe:. Retiro o marcador de eliminación por outro que indica -como che indicou Xabier Cid- que é curto. Este marcador serve para gardar, momentaneamente, o artigo até que se mellore con referencias e contido. Nas ligazóns do comezo da páxina tes unhas ideas sobre como se pode mellorar, traducindo contido doutra wiki (indicando a procedencia) etc. Por iso, ánimo e a darlle duro. En calquera caso, se tiveses dúbidas, podes preguntar o que che pete. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 1 de setembro de 2021 ás 16:49 (UTC)[responder]