Saltar ao contido

Conversa usuario:Dchaves 19

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Dchaves 19!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Breogan2008 (conversa) 10 de novembro de 2023 ás 10:22 (UTC)[responder]

Lorchos FG[editar a fonte]

Boas Dchaves 19, marquei o teu artigo de Lorchos FG para o borrado porque non reunía o contido mínimo para mantelo. Sen información, sen formato nin referencias. Como vexo intención de mellora do mesmo retiro o marcador á espera de ver como avanza. Poñereille un marcador "en uso". Quítao cando remates de editalo. Na parte de arriba, na mensaxe de benvida atoparás ligazóns de interese que poden axurdarche a mellorar e entender como funciona a nosa wiki. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 10 de novembro de 2023 ás 10:26 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Dchaves 19. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 12 de novembro de 2023 ás 19:59 (UTC)[responder]