Conversa usuario:Danieldoval

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Daniel Doval, benvido á Galipedia. Estás a modificar un arquivo base que se utiliza co todos aqueles concellos que non teñen un escudo recoñecido. Se me explicas qué queres facer exactamente podo botarche unha man... Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 22:36, 23 novembro 2008 (UTC)

Moi ben, o problema é que os escudos dos concellos, a pesar de ser públicos, non sempre están libres de dereitos. Non sei cal é a situación concreta do escudo de Carballedo. Sabes se foi publicado no DOG? Voulle avisar do teu comentario a Pepe do Couto, un compañeiro que sabe moito da situación dos escudos. E a ver que nos conta. Non te preocupes por ser novato, aquí estamos todos para aprender. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:42, 23 novembro 2008 (UTC)

Consellos[editar a fonte]

De todos os xeitos, vouche poñer aquí unha lista de consellos e axudas, para cando as necesites.

Benvido(a) á Galipedia, Danieldoval!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. Por outra parte, non esquezas asinar as mensaxes que deixas nas páxinas doutros usuarios, para que os demais saiban doadamente quen es. Para asinar, só tes que clicar na cuarta caixiña empezando pola esquerda (aí arriba, sobre a barra de edición cando editas unha páxina). Se queres máis información sobre a sinatura, podes usar esa axuda que che peguei arriba. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:57, 23 novembro 2008 (UTC)