Conversa usuario:Comgalego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Comgalego!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:14, 13 marzo 2010 (UTC)

Persoeiros de sona[editar a fonte]

Se nin sequers teñen artigo de seu, non parece lóxico incluílos como noieses de sona. Anímote a que te poñas primeiro cos artigos correspondentes. Un saúdo e benvido. --Atobar (conversa comigo) 13:14, 13 marzo 2010 (UTC)

Perdoa Tobar!!! Son novo e acabo de comezar!! Estou niso; dame un pouquichiño de tempo... Moitas grazas pola túa recomendación.

Tiven que borrar o artigo Tekenu. Cómpre que te cingas ao formato da Galipedia. Non se trata de chantar contidos ao chou. Por favor, le a guía e os apartados de axuda. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. --Atobar (conversa comigo) 13:19, 13 marzo 2010 (UTC)

Ben, tentarase

Comgalego di: Pódesme dicir que tal están as outras páxinas editadas?

Cómpre que me respondas na miña páxina de conversa. Se non, non me chega o aviso. Faise premendo no cuarto botón por riba do cadro da escrita (de dereita a esquerda), o que ten a traza dun garabato. Outra cousa: acabo de corrixir este artigo. Bótalle un ollo e así aprendes. E ten en conta que isto non é unha páxina de propaganda e que a redacción debe ser enciclopédica. Ánimo e xa verás que a pouco que te poñas non che ha resultar nada difícil. --Atobar (conversa comigo) 13:26, 13 marzo 2010 (UTC)

Trirreme[editar a fonte]

O de trirreme corrixiucho o usuario Xas. Preme aquí para veres as diferenzas. --Atobar (conversa comigo) 13:27, 13 marzo 2010 (UTC)

E aquí as diferenzas entre a túa edición e a corrección do artigo do poemario. Por favor, non sigas creando artigos até non teres máis afianzados os coñecementos básicos e o formato que precisen os artigos deste proxecto. Saúdos outra vez. --Atobar (conversa comigo) 13:33, 13 marzo 2010 (UTC)

Páx. de conversa[editar a fonte]

Agora si recibín aviso, porque te dirixiches a min na miña páxina de conversa. O que non che acordou é asinar. Mira, no recadro de benvida que tes neste páxina que estas a ler, explícanche como facelo (onde pon recomendacións). E para abrir novo tema na miña páxina simplemente tes que facelo escribindo ==O título que sexa==. Non ten moita ciencia. --Atobar (conversa comigo) 13:48, 13 marzo 2010 (UTC)

Ben. Soamente che faltou unha cousiña para que funcione o do título. Olla para aquí e xa o ves ti mesmo. --Atobar (conversa comigo) 13:57, 13 marzo 2010 (UTC)

Volvinche corrixir un artigo: o de Emil Aarestrup. Preme aquí para veres as diferenzas. Xa che corrixín uns cantos. A partir de agora non vou corrixir máis. Teralos que facer cun mínimo de formato e lingua ou se non marcareino para borrado. Se tes problemas, pide axuda, pero o que non pode ser é que os demais editores anden ao teu rabo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:11, 17 marzo 2010 (UTC)

Ben, esquece o que dixen da lingua, non ían por aí os tiros. Céntrate na creación de artigos: deben ter formato e un mínimo de contido, e por suposto referencias. A iso me refiro. E ten en conta que unha enciclopedia non é un dicionario. Se o que queres é dar definicións, daquela vai ao galizionario. E outra cousa: a Galipedia non é unha fonte primaria, nós non podemos crear informaciónm malia que sexa certa, senón recompilala e adaptala coa nosa redacción e o noso formato (tampouco non vale colar doutros sitios, porque existen os dereitos de autor). O proxecto é xenuíno, pero non primario. Un saúdo e espero terme expresado mellor. --Atobar (conversa comigo) 11:29, 17 marzo 2010 (UTC)