Conversa usuario:Colectivoliterario

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Colectivoliterario!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 29 de abril de 2013 ás 16:53 (UTC)[responder]

Actos vandálicos[editar a fonte]

Bloqueeite por facer vandalismos e destruír contidos. Aquí podes responder se tes algo que dicir ao respecto... --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 18:52 (UTC)[responder]

O contido que destruín foi creado por min mesmo. O Iván del Rïo Paderne que borrei son eu, e xa non exerzo como escritor. Podo amosarche a copia do DNI se é preciso.

Falarei con outros administradores para que ver que fan. Entendo que non queres que quede constancia aquí da túa obra?--AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 19:24 (UTC)[responder]

Bloqueos e artigos[editar a fonte]

Ola, Colectivoliterario,

  • Xa non estás bloqueado. Creo que os administradores fomos un pouco duros contigo neste caso, e que non era para tanto.
  • Iso si, non se pode destruír contido da Wikipedia, creáralo ti ou outra persoa. O contido que se crea na Wikipedia forma parte dela, cunhas licenzas de autor determinadas, e esas licenzas non son de copyright. Se reincidises a destruír contido si, poderías ser bloqueado.
  • Ora ben, e ao mesmo tempo, tampouco deberías crear un artigo sobre ti mesmo. Tampouco é correcto (cantas veces nos trabucamos todos hoxe!). Un dos problemas que ten crear un artigo sobre ti mesmo é que non es imparcial. Nestes casos, o normal é que o artigo se borre, non porque estea equivocado, senón porque se este autor é verdadeiramente importante, como parece, xa chegará unha terceira persoa que non sexas ti, que recoñecerá esa importancia, e creará o artigo. Se alguén quere borrar ese artigo, pode propoñelo para ser borrado: explícanse as causas, danse os argumentos, e os demais usuarios votan. Eu aínda non teño moi claro se é necesario borralo, pero se ao final acordo que si, proporeino para o seu borrado e deixarei que decida a comunidade. Polo demais, se tes calquera dúbida, por favor, consúltanos aos administradores, que estaremos encantados de axudarte e de explicarche o que non saibas. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2014 ás 19:54 (UTC)[responder]
Seica te debo unha desculpa polo bloqueo. Non teño máis que engadir ao que dixo Xabier Cid. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 20:01 (UTC)[responder]
Non sei que din as normas pero para min inventar artigos debería ser causa de expulsión do proxecto, por medio dun bloqueo a perpetuidade. Pero non son eu o que toma ese tipo de medidas, pero xa que fixeches a broma espero que se fas algunha edición máis sexa para colaborares, a pesar de todo serías benvido e indicaría que tes madurez suficiente para rectificar erros.--Sernostri (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 16:34 (UTC)[responder]