Conversa usuario:Carmen Cal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Carmen Cal!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 1 de maio de 2019 ás 20:02 (UTC)[responder]

Maggie Civantos[editar a fonte]

Ola Carmen Cal. Veño de mirar a tradución do teu artigo "Maggie Civantos" e está bastante ben realizada. Así e todo, corrixín uns pequenos defectiños de formato. Se queres, no apartado "Ver historial" podes comparar as edicións e ve-los cambios. Se tes dúbidas ou precisas axuda podes deixar unha notiña na miña páxina de conversa. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 1 de maio de 2019 ás 20:05 (UTC)[responder]

A VECIÑA LOURA[editar a fonte]

Boas Carmen Cal, borrei o artigo A VECIÑA LOURA porque non tiña Wikipedia:Relevancia enciclopédica, se consideras que debe manterse, podes solicitar que se revise o borrado en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2019 ás 11:08 (UTC)[responder]