Conversa usuario:CGA22

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, CGA22!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 22 de outubro de 2019 ás 17:00 (UTC)[responder]

Ola, CGA; engadín tres modelos ao artigo de Madison Beer:

Dunha banda engadín Modelo:Ortografía para indicar que o texto ten erros ortográficos. Podes activar o revisor ortográfico da Galipedia: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Tes máis axuda en como mellorar a ortografía.

Doutra banda, engadín Modelo:Control de autoridades; iso serve para que aparezan as ligazóns ás fichas de Madison Beer en Wikidata, WorldCat, VIAF, AllMusic, Discogs, Europeana, IMDb, LCCN e MusicBrainz.

Para rematar, o das categorías. Por exemplo: se vas ao artigo de Katy Perry, abaixo de todo podes ver que está incluído nas categorías "Actores de California", "Actores de cine dos Estados Unidos de América", "Actores de televisión dos Estados Unidos de América", "Cantantes de California", "Nados en 1984", "Nados no condado de Santa Barbara, California" e "Personalidades do pop". Isto serve para ver artigos similares.

Tanto o Modelo:Ortografía como o Modelo:Sen categoría serven para que o artigo estea incluído na lista de artigos a mellorar, de modo que calquera usuario ou usuaria pode corrixir as eivas existentes.

Agardo que servise de axuda. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de xuño de 2020 ás 21:59 (UTC)[responder]

Moitas grazas! En canto poda corrixo eses detalles (hai algúns erros ortográficos que non os podo modificar xa que son o nome da artista por exemplo, estes deixaríaos así? Crearían problema?) Grazas de novo 😊 CGA22 (conversa) 21 de xuño de 2020 ás 22:02 (UTC)[responder]