Madison Beer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madison Beer
Madison Beer nos Premios iHeart Radio no 2019
Nome completoMadison Beer
Data nacemento5 de marzo de 1999
Nado enJericho, Long Island, Nova York, Estados Unidos
Ocupacióncompositora de cancións, cantante, actriz, realizadora, bailarina e modelo
XéneroR&B, Pop
Instrumento(s)Voz, piano e guitarra
Tempo en activo2012 - actualidade
Na rede
Sitio oficial
IMDB: nm5451507 Facebook: MadisonElleBeer Twitter: MadisonBeer Instagram: madisonbeer Snapchat: whosmb Youtube: UCniqtXw3nZho_0HEO5IBqvg TikTok: madisonbeer Twitch: madisonbeer Souncloud: madisonbeer Spotify: 2kRfqPViCqYdSGhYSM9R0Q iTunes: 696146587 Last fm: Madison+Beer Musicbrainz: 749ef494-8518-4b49-b685-63d8e728d25c Discogs: 4223409 Allmusic: mn0003168850 Deezer: 5130634 Genius: Madison-beer Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Madison Elle Beer, nada en Jericho (Long Island, Nova York)[1][2] o 5 de marzo de 1999, é unha cantante, produtora e escritora estadounidense. Deuse a coñecer aos 12 anos[3] grazas ó cantante Justin Bieber, o cal compartiu na súa conta de Twitter un enlace a unha versión feita por ela en YouTube.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Madison Beer naceu o 5 de marzo do 1999 en Jericho. É filla de Robert Beer, un construtor de casas de luxo, e Tracie Beer, unha deseñadora de interiores; e ten un irmán máis novo chamado Ryder. Seus pais divorciáronse e na actualidade seu pai volveu casar. Madison estudou no instituto de Jericho ata que no 2012 decidiu continuar os seus estudos dende a casa.

Logo de ser descuberta por Justin Bieber no 2012, firmou coa discográfica Island Records e empezou a gravar e a lanzar sinxelos nos anos seguintes. No mes de febreiro do 2018 lanzou a súa maqueta de debut As She Pleases. O ano seguinte, firmou coa discográfica Epic Records e agora no 2020 planea lanzar o seu disco debut chamado Life Support.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Madison Beer é xudía de ascendencia asquenací. Celebrou o seu bat mitzvah o 20 de abril do 2012 baixo a temática de "Madison’s Square Garden"[4].

Vive nos Ánxeles dende que tiña 14 anos, cando se mudou alí con súa nai e seu irmán máis novo, Ryder. Cando cumpriu os 18 quedou a vivir nos Ánxeles, mentres que súa nai e seu irmán volveron a Nova York e dende aquela vive soa no seu propio apartamento na cidade.[3]

Dentro das súas relacións amorosas, estivo saíndo con Jack Gilinski, cantante e membro do dúo musical Jack & Jack, dende o 2015 ao 2017; Brooklyn Beckham, modelo e fotógrafo británico, no verán do 2017; e Zack Bia dende finais dese mesmo ano ata o 2019. Na actualidade está solteira.[5]

Madison declarouse abertamente bisexual en diferentes directos da súa páxina de Instagram.[6]

Carreira artística[editar | editar a fonte]

Inicios musicais[editar | editar a fonte]

A inicios do ano 2012, Madison comezou a publicar vídeos na plataforma YouTube interpretando cancións de éxito (Bruno Mars, etc)[7]. Gañou popularidade cando Justin Bieber chiou tres enlaces[8] ás súas covers, sendo a primeira unha versión que fixo ela da canción de Etta James, At Last[9]. Bieber púxose en contacto con ela e así firmou coa discográfica coa que traballaba o cantante, Island Records.

Colaborou con Monster High, para quen gravou o tema «We Are Monster High». No febreiro do 2013, o cantante australiano Cody Simpson regravou a súa canción «Valentine» con ela, canción que foi reproducida por Radio Disney[10] pero que nunca se fixo oficial. O 12 de setembro do 2013, gravou o seu primeiro sinxelo e vídeo musical, «Melodies» (Melodías), escrita por Peter Kelleher, Ben Kohn, Thomas Barnes, Ina Wroldsen e Justin Bieber (o cal aparece ao inicio do vídeo)[11][12].

O seu segundo sinxelo foi «Unbreakable»[13], publicado ao mesmo tempo que o vídeo musical o 14 de xuño do 2014. Foi escrito por Jessica Ashley, Evan Bogart, Heather Jeanette Miley, Matt Schwartz, Emanuel Kiriakou e Andrew Goldstein e foi producido polos dous últimos[14]. O 16 de febreiro do 2015, Madison anunciou a súa colaboración cos DJs Mako na canción «I Won't Let You Walk Away»[15]. A canción gravouse xunto co vídeo musical o día 24 dese mesmo mes e inmediatamente estivo dispoñible nas plataformas dixitais para a súa descarga[16]. A canción alcanzou o número 43 en Hot Dance/Electronic Songs, o número 33 en Dance/Electronic Digital Songs e o número 19 en Dance/Mix Show Airplay nos Estados Unidos. O 16 de setembro de 2015, publicouse o sinxelo «All for love» (Todo por amor), unha colaboración co dúo estadounidense Jack & Jack, a cal foi composta por Chloe Angelides, Matt Beckley, Jeff Halavacs, Jack Johnson e Gamal Lewis.

2017-2018: As She Pleases[editar | editar a fonte]

Gravou a súa primeira maqueta, titulada As She Pleases, durante un período de tres anos. Estreouse o 2 de febreiro de 2018, e embarcouse na xira As She Pleases Tour para a súa promoción[17].​ «Dead» (Morto) publicouse como o primeiro sinxelo da maqueta o 19 de maio do 2017[18]. O vídeo musical lanzouse máis tarde o 3 de agosto de 2017[19]. Para a promoción do sinxelo, lanzáronse remixes con Cedric Gervais e Laibert, como unha versión acústica da canción[20][21][22][23].​ Posteriormente, lanzou «Say It to My Face» (Dimo á cara) como o segundo sinxelo o 3 de novembro do 2017[24].​ O vídeo musical estreouse o 15 de novembro do 2017[25]. Publicáronse remixes da canción con The Wideboys o 15 de setembro do 2017[26].

O 10 de marzo do 2018, «Home with You» lanzouse como o terceiro e último sinxelo da maqueta. No agosto do 2018, a canción alcanzou o seu punto máximo no número 22 da lista de Billboard Mainstream Top 40[27]. Fixo o seu debut oficial no festival Lollapalooza o 2 de agosto de 2018 en Chicago[28].​ A súa maqueta alcanzou o seu punto máximo no número 93 da lista de Billboard 200[29], e a posición 62 no Canadá.[30] O 9 de novembro de 2018, lanzou «Hurts Like Hell» (Doe que rabea) co rapeiro estadounidense Offset, membro do grupo Migos[31]. Ela mesma describiu esta canción como representativa dun punto de vista diferente da ruptura amorosa, dende o cal non se envía unha mensaxe de tristeza e arrepentimento á outra persoa mais unha mensaxe vengativa: "...ti fastidiáchela e espero que doa".[32]

Por outro lado, apareceu en «Blame It On Love» unha canción do sétimo álbum de estudio «7» do DJ francés David Guetta; na canción e vídeo musical de «Pop/Stars» interpretada por Madison, Jaira Burns baixo o grupo virtual de K-pop chamado K / DA lanzada polo desenvolvedor de videoxogos Riot Games o 3 de novembro de 2018. Esta canción foi empregada como tema principal do xogo en liña League of Legends cara o final do ano 2018[33].​

2019-presente: Life Support[editar | editar a fonte]

Despois do lanzamento da súa maqueta debut, empezou a traballar nun proxecto de álbum no agosto do 2018. O 9 de novembro do 2018, lanzou a canción «Hurts Like Hell» (Doe que rabea) como sinxelo principal do seu futuro álbum de estudio[34]. Despois do lanzamento, desvelou que o álbum publicariase nalgún momento do 2019. O tema foi eliminado da lista de cancións do álbum e foi substituído pola canción «Dear Society» (Querida sociedade) como sinxelo principal do álbum[35][36]. No agosto do 2019, filtrouse que o título do álbum sería Life Support. Pouco despois diso, anunciou que firmara coa discografía Epic Records e que planeaba lanzar nova música axiña[37][38]. O 12 de febreiro de 2020, revelou a portada do álbum[39].

Logo de descartar os dous sinxelos anteriores, o 31 de xaneiro de 2020, estreou como sinxelo principal do seu primeiro álbum de estudio «Good In Goodbye»[40][41], seguido do seu segundo sinxelo «Selfish»[42]. O 3 de abril, lanzou o seu primeiro sinxelo promocional do álbum: «Stained Glass»[43].

Discografía[editar | editar a fonte]

  • As She Pleases (maqueta, 2018)
  • Life Support (álbum, 2020)

Xiras[editar | editar a fonte]

  • As she pleases Tour (2018)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Nota
2013 Louder Than Words Amy Película [44]
2020 RuPaul's Secret Celebrity Drag Race Ela mesma Episodio 4[45]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kolokathis, Tina (6 agosto 2019). "Madison Beer Is Taking Back Her Voice — This Time On Her Own Terms". Elite Daily (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  2. Rubin, Hannah (2 agosto 2012). "Justin Bieber Makes Jewish Teen a Star". Forward (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  3. 3,0 3,1 "Madison Beer on How Justin Bieber Discovered her & her New Single". Youtube (en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  4. "Madison Beer Wiki - Bat Mitzvah". Madison Beer Fandom (en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  5. "Who is Madison Beer dating?". Pop Buzz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 21/06/2020. 
  6. "Madison Beer Comes Out On YouTube - Reveals She's Been In Love With A Girl". Youtube (en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  7. Beer, Madison. "Madison Beer - Bruno Mars Mashup". Youtube (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  8. "Madison Beer on How Justin Bieber Discovered her & her New Single". Youtube (en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  9. "«Justin Bieber on Twitter»". Twitter (en inglés). 17 xullo 2012. Consultado o 22/06/2020. 
  10. "Cody Simpson Re-Releases “Valentine” Featuring Madison Beer". Disney Dreaming (en inglés). 9 febreiro 2013. Archived from the original on 30/07/2014. Consultado o 22/06/2020. 
  11. "Bubbling Under: Justin Bieber Guests With Madison Beer; American Young Debuts". Billboard (en inglés). 20 setembro 2013. Consultado o 22/06/2020. 
  12. Beer, Madison (2013). "Madison Beer - Melodies (Official Video)". Youtube (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  13. Longeretta, Emily (17 xuño 2014). "Madison Beer Debuts ‘Unbreakable,’ TalksJustin Bieber & Cody SimpsonStudio Time". Hollywood Life (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04/07/2019. Consultado o 22/06/2020. 
  14. "Madison Beer - Unbreakable". All Music (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  15. Wass, Mike (16 febreiro 2015). "Madison Beer Unveils The Cover Of Mako Collaboration “I Won’t Let You Walk Away”: Idolator Premiere". Idolator (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  16. Dunlap, Kelley (24 febreiro 2015). "Premiere: Mako And Madison Beer Rewind Time In The "I Wont Let You Walk Away" Lyric Video". Buzzfeed (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  17. Hoffman, Bella (7 maio 2018). "Madison Beer’s ‘As She Pleases Tour’ is a Reflection of Her Hardwork". The Skier Scribbler (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  18. "madison beer's 'dead' music video is finally here". MTV (en inglés). 3 agosto 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  19. Wiest, Brianna (3 agosto 2017). "Madison Beer's "Dead" Video Fuels Fan Speculation That the Song Is About Jack Gilinsky". Teen Vogue (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  20. Downs, Chad (13 agosto 2017). "Madison Beer vs Cedric Gervais – Dead (Cedric Gervais Remix)". Dancing Astronaut (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  21. "Dead (Madison Beer vs. Cedric Gervais) [Cedric Gervais Remix] - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  22. "Dead (Laibert Remix) - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  23. "Dead (Acoustic) - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  24. "Steamy! Madison Beer swaps her satin camisole for a sexy bra as she turns up the heat in her risque music video Say It To My Face". Daily Mail Uk (en inglés). 15 novembro 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  25. Avoledo, Pam (1 xuño 2018). "Video Review: Madison Beer "Say It To My Face"". I Want My Pop Culture (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  26. "Say It to My Face (The Wideboys Remix) - Single". Apple Music (en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  27. Directo, Denny (9 agosto 2018). "How Madison Beer Took Her Music Career Into Her Own Hands (Exclusive)". ET news (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  28. Smith, Morgan (29 xullo 2018). "As her Lolla debut arrives, Madison Beer makes it clear she is not just a pretty face". Chicago Tribune (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  29. "Madison Beer Chart History". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  30. "Madison Beer Chart History". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  31. Engelman, Nicole (9 novembro 2018). "Madison Beer Gets Her Revenge On 'Hurts Like Hell' Featuring Offset: Listen". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  32. "Madison Beer on The Meaning Behind Her Songs “Hurts Like Hell” & “Dead” | Ridiculousness". Youtube (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  33. Benjamin, Jeff (13 novembro 2018). "'League of Legends' Girl Group Earns Madison Beer, (G)I-DLE & Jaira Burns No. 1 on World Digital Song Sales Chart". Billboard (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  34. Sperduto, Kaitlyn (12 novembro 2018). "Madison Beer Drops Vengeful New Single “Hurts Like Hell” with Offset". Soundigest (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  35. Rindner, Grant (19 maio 2019). "Madison Beer’s “Dear Society” Offers Pointed Criticism Of Social Media". Genius (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  36. Nied, Mike (17 maio 2019). "Madison Beer Kickstarts Her Debut Album With “Dear Society”". Idolator (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  37. "16 AUG MADISON BEER SIGNS TO EPIC RECORDS". First access - Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  38. Beer, Madison (10 agosto 2019). "Madison Beer Post". Instagram (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  39. "Madison Beer prepara el álbum "Life Support"". Eitmedia (en castelán). 15 abril 2020. Arquivado dende o orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  40. Jackson, Jhoni (14 novembro 2018). "All Eyes on Madison Beer". Paper (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  41. Kennedy, Naomi. "Madison Beer Rocks Minuscule Daisy Dukes And Tight Corset In New Photos". Inquisitr (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  42. Cantor, Brian (febreiro 2020). "Madison Beer Releases Outstanding New Song “Selfish,” Song Quickly Surpasses 1 Million Spotify Streams". Headline Planet (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  43. Spanos, Brittany. "Madison Beer Is Afraid of Breaking on ‘Stained Glass’". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  44. "Louder Than Words - Full Cast & Crew". IMDb (en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  45. Quinn, Dave (18 maio 2020). "RuPaul's Secret Celebrity Drag Race: See Every Star's Unrecognizable Drag Queen Transformation". People (en inglés). Consultado o 22/06/2020.