Conversa usuario:Córgomo
Benvido(a) á Galipedia, Córgomo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 07:42 (UTC)
Córgomo, Vilamartín de Valdeorras[editar a fonte]
Bos días, desfixen a súa edición no artigo Córgomo, Vilamartín de Valdeorras baseándome na referencia do Nomenclátor da Xunta de Galicia. Sobre este tema teño que dicirlle que os artigos de parroquias da Galipedia refírense ás parroquias civís, non ás parroquias relixiosas, polo que a referencia do arcebispado non é válida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 07:42 (UTC)
Nomenclátor[editar a fonte]
Ola! Xa se che explicou hai tres anos que na Galipedia se emprega o Nomenclátor de Galicia como referencia para os nomes das parroquias e lugares. O Nomenclátor indica que o nome da parroquia civil de Córgomo é "Córgomo (Santa Comba)", polo que ese é o nome que aparece na Galipedia. Un saúdo! Estevo(aei)fálame aquí 8 de xuño de 2022 ás 18:43 (UTC)
É por necesidade un error no nomenclátor. Florencio Delgado Gurriarán, poeta que lle dedican as Letras Galegas este ano 2022, na súa poesía nunca aparece Santa Comba, sempre Santa Marta. As festas patronais son o 29 de xullo, que é Santa Marta. Nunca son 20 e 21 de xullo que e6 Santa Comba. Fácil de comprobar, xa que cada ano son as festas de Córgomo o 29 de xullo, Santa Marta, hai múltiples carteis, noticias en prensa que o confirman. Ten por forza que haber un error no Nomenclator. Córgomo (conversa) 12 de xuño de 2022 ás 04:13 (UTC)