Conversa usuario:Barfly2001~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Barfly2001!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 08:49, 22 xuño 2007 (UTC)

Outro saúdo de benvida[editar a fonte]

Benvido á Galipedia Barfly2001. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:09, 27 xuño 2007 (UTC)

Ribeira Sacra[editar a fonte]

¿Grazas? Grazas a ti, por enche-la Galipedia. Non é que me gusten moito as traducións pero comprendo que non temos que empeñarnos en descubrir América (neste caso, ademais, dáme máis pena que algo como a Ribeira Sacra teña que vir da wikipedia española e que non sexa ó revés).

Pero que non che pareza mal que outros (eu) denunciemos posibles casos de copia. Dis que "O que si me molesta e que saibamos que fan copias dos artigos da wiki en todas partes e que sexamos mais papistas que o papa, e nos creemos problemas inesistentes". Xa houbo nesta casa moitos casos de simple copia doutras webs, algo que, fóra de hipotéticas denuncias por dereitos de autor, desmerece o noso traballo. Neste caso queda claro quén foi o autor orixinal e quén o que se limitou a copialo, pero noutros casos a cousa foi ó revés. Non son "problemas inexistentes", desgraciadamente, senón tristemente reais. E creo que debemos esforzarnos todos en evitalos para que non desprestixien a Galipedia. Sei que me entendes. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 17:40, 17 outubro 2007 (UTC)

Foto de Ramón Cabanillas[editar a fonte]

Ola Barfly2001! Grazas por acordarme sobre ese tema, a verdade que o tiña esquecido. Ando tan atarefado noutros mesteres que sempre me esquezo de desfacer os meus pecados de xuventude. Poreime en breve a revisar as fotos que levo subidas á Galipedia, sobre todo ás primeiras, cando non tiña moita idea sobre como funcionaba isto. AlberteSi, digame? 21:37, 21 outubro 2007 (UTC)

Re:Commons[editar a fonte]

Ola Barfly2001. Xa vira a túa aportación en Commons. Non tiven tempo de poñerme en contacto co usuario. Polo momento categoricei a imaxe en Mondoñedo (para tela localizada). Poñereime en contacto co usuario para asegurar o que supomos, que é Mondoñedo. Logo pedireille que volva subir a imaxe co nome correcto e borrarei a vella. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:18, 23 outubro 2007 (UTC)

Ola Barfly2001. Eliminei parte dos trocos realizados por ti nos últimos días, así como dos realizados por unha IP anónima, no artigo sobre a A-76. Lembra que a información que se recolla na Galipedia debe manter un punto de vista neutral, e non pode reflectir a opinión dun dos bandos do conflito. Ademais, tamén revertín as túas mudanzas de cidade a vila, pola mesma razón. Agardo que comprendas as miñas mudanzas, que sempre podemos debater. Un saúdo. --Xabier Cid 14:12, 29 outubro 2007 (UTC)

Non borrei "dun plumazo" nada, senón unicamente datos que estaban sen xustificar e que creo que son manifestamente interesados. Se segues a traxectoria de edicións deste artigo comprobarás que sempre fun corrixindo o mesmo en pos da neutralidade, tanto nun sentido como noutro. Engadir datos en datas incorrectas, falsear titulares de ligazóns externas e engadir adxectivos e adverbios oportunamente non fan nada a prol da neutralidade, senón máis ben o contrario. Non levo comisión nisto. Non son nin dunha comarca nin da outra. Levo máis dun ano vivindo fóra de Galicia e gustaríame seguir aquí, así que polo tanto, podo cometer calquera erro (como o de "cidade"), pero non de parcialidade. Así que se queres corrixir ou emendar algúns datos de aí, estarei encantado de dialogar contigo e axudar a mellorar o artigo.--Xabier Cid 16:47, 29 outubro 2007 (UTC)
Correcto, Barfly2001. Pregaríache que releses o artigo tal e como está e que dixeses se faltan datos importantes. Seguro que nos podemos entender. Grazas. --Xabier Cid 17:19, 29 outubro 2007 (UTC)


Dactonium[editar a fonte]

Ola, veño de ler o artigo sobre o mosteiro de San Vicente do Pino e observo un erro que seica cometiches ti: No artigo sobre os lemavos di que a cidade de Dactonium aparece citada en Ptolomeo e ti no artigo do mosteiro escribiches que Plinio escribira Dactonium qui dicitur Pinus, cousa que creo que é de 1080, segundo leo en lemavos. Non teño agora acceso a unha edición de Plinio, pero non me sona que esa cita sexa correcta. Mira a ver se mesturaches a Plinio cun documento medieval. ;-) --Servando2 (Dime) 01:28, 13 marzo 2010 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:43 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)