Conversa usuario:Angel do Xastre de Vilachán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Angel do Xastre de Vilachán!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 29 de novembro de 2021 ás 17:56 (UTC)[responder]

Ola Angel do Xastre de Vilachán. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo Vilachán, Negreira, Negreira.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 19 de decembro de 2021 ás 03:15 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Angel do Xastre de Vilachán. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Vilachán, Negreira, Negreira".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 19 de decembro de 2021 ás 03:15 (UTC)[responder]

Moitas grazas polas correccións e as suxerencias para a mellora da miña calidade ortográfica.
Unha pregunta relacionada con este artigo sobre Vilachán que veño de publicar. Onte tentei subir unhas fotos e non me foi posible. As fotos fíxenas nos anos 90 eu mesmo e escaneeinas hai pouco. Con estas acho que non debería haber problema ningún, ou? Como fago? Teño outras que tirei eu tamén, mais a un cuadro que contiña unha fotografía aérea de Negreira. Non é unha foto idéntica, senon só un anaco da orixinal, e como xa dixen, sacada dunha fotografía miña. Non se pode publicar neste caso?
Moitas grazas! Angel do Xastre de Vilachán (conversa) 20 de decembro de 2021 ás 12:25 (UTC)[responder]
Ola de novo @Angel do Xastre de Vilachán: podes subir as túas imaxes directamente desde esta ligazón seguindo os sinxelos pasos que ofrece o sistema Upload Wizard de Commons. Se non dás feito, bótalle unha ollada á seguinte guía de subida de imaxes á Wikipedia e se segues tendo algún problema, non dubides en contactar novamente comigo. Benvido de novo e parabéns polo bo traballo no artigo, a seguir! --RubenWGA (conversa) 20 de decembro de 2021 ás 16:12 (UTC)[responder]
Boas, moitas grazas pola resposta. Xa conseguín subir as fotos. Queda por saber se é posible subir fotos que son fotos tiradas a outras fotos en cuadros dos anos 70-80...? Polo demáis, querería saber se xa se poden retirar os avisos que aparecen ao abrir a páxina de Vilachán, advertindo de que faltan referencias, e de que o texto pode ser mellorado ortográficamente. Moitas grazas. Angel do Xastre de Vilachán (conversa) 20 de decembro de 2021 ás 22:12 (UTC)[responder]

Ola, Angel do Xastre de Vilachán. O artigo "Vilachán, Negreira, Negreira" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 19 de decembro de 2021 ás 03:15 (UTC)[responder]