Conversa usuario:André

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, André!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. AlberteSi, digame? 20:55, 11 agosto 2007 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

A página "Estremadura" é objeto de vandalismo. A opção "galego da Estremadura" é falsa. O tal "André" não existe como usuário. Pus a referência que pedia e ainda não está contente. Não digam aos estremenhos que falam galego se não aceitam que o galego é português e que o português é galego. Obrigado. --Ibérico 16:15, 12 agosto 2007 (UTC)

  • Perdoa André, non me decatara do cambio que fixeras e desfixen un pouco bruscamente. Ademais se perdera un parágrafo (sobre que era Ben de Interese Cultural) e decidín revertir. Xa coloquei de novo a túa aportación. Na páxina de discusión aclaro que no artigo da Fala hai máis información "engadible" coa opinión de máis lingüístas. Un saúdo e parabéns polo traballo. AlberteSi, digame? 16:32, 12 agosto 2007 (UTC)

Desculpa lá. Queria dizer que a tua página de usuário não existe, só isso. Saudações. --Ibérico 17:24, 12 agosto 2007 (UTC)

Afroamericanos[editar a fonte]

En liñas xerais tes razón, aínda que non creo que as dúas posturas se diferencien moito da mesma cuestión que hai cos termos americano/estadounidense. O resto dos paises de América consideran case unha ofensa que os estadounidenses empreguen o termo "americanos" como xentilicio do seu país. Así que, aínda que "afroestadounidense" apareza moitas veces en textos mal traducidos, non creo que sexa por casualidade (a maior parte deles están relacionados ou son producidos en paises latinoamericanos). Tamén hai que ter en conta que crear a palabra "afroestadounidense" nalgúns idiomas (como o inglés ou o francés, os dous casos que citas) daría pé a un termo longo, farragoso e pouco utilizábel. De todos xeitos, até que o termo estea máis estabelecido eu proporía o seguinte:

  • Mudar o contido da entrada "Afroamericano" explicando os dous sentidos do termo (isto vouno facer xa, de feito).
  • Crear a entrada "Afroestadounidense" e redireccionala a "Afroamericano" (a mesma política da wikipedia en español).
  • Na categoría "Afroamericanos" crear subcategorías e mover o contido orixinal a unha delas: "Afroamericanos (Estados Unidos)". As outras categorías poden ser do tipo: Afrocubanos, Afrobrasileiros, etc..., e xa se poden empregar para algunhas entradas preexistentes.

Zumbi, 12 agosto 2007 (UTC)

Outro saúdo de benvida[editar a fonte]

Benvido á Galipedia André. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:35, 13 agosto 2007 (UTC)

Re: Eleccións municipais en Abadín[editar a fonte]

Pois tes razón, non queda moi alá, mais non temos ningún artigo das eleccións dun pobo nun ano concreto. Así que de momento eu deixaríao alí ata que algún outro administrador, ou reunidos en consello de "sabios", atope unha boa solución. Saúdos. AlberteSi, digame? 20:59, 16 agosto 2007 (UTC)

Crebaosos[editar a fonte]

Grazas por resolverme a dúbida. --Xabier Cid 18:50, 24 agosto 2007 (UTC)

Grazas, compañeiro polo aviso, fixen unhas modificacións e penso que con isto está arranxado polo de momento User talk:Kim Karaoke. Podes agregar algo máis se o desexas. Saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:02, 26 agosto 2007 (UTC)

Basílica de San Xoán de Latrán[editar a fonte]

Ola de novo André. Realiceille unha petición ó usuario Dantadd na súa páxina de discusión en Commons para que indique as referencias empregadas para mover a páxina. Déixote a ligazón para ir ó texto que escribin por se queres engadir algo tamén... pincha aquí. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:02, 27 agosto 2007 (UTC)

Deculpas e espero verte moito por aquí[editar a fonte]

Desculpas polo meu silencio tras a intervención no talk:1 de xaneiro xa que con elo creo ter contribuido aos sucesos posteriores e facerme cómplice dunha actuación irrespetuosa cos usuarios. Grazas pola valentía ao entrar en un tema no que nadie quería ver, e creo que ainda moitos non queren velo (aínda que estea diante) por consideralo danoso para o proxecto obviando que tras el hay persoas.

Espero verte moito por estes lugares e que sigas a cultivar o teu propio criterio, e sigas a actuar o mellor que consideres. Grazas. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 14:59, 1 setembro 2007 (UTC)


    • Respondo algunhas das túas preguntas: non hai máis usuarios pantasmas, alén da sospeita de que Moderador sexa un. Din por aí que van aclarar o tema. Se comentas algo que non lle guste a un administrador ninguén vai ir por ti, e iso non sucedeu nunca (polo menos dende que estou eu aquí). Así que non teñas medo, aquí ninguén come a ninguén. Saúdos. AlberteSi, digame? 17:16, 8 setembro 2007 (UTC)

    • Respondo ás preguntas que me fas, pero antes quero aclarar que "administración" como tal non existe na Wikipedia: os administradores son simplemente usuarios que gozan duns privilexios de acceso especiais relacionados coa xestión da edición do wiki. Hai outros niveis de privilexios, como usuario normal, usuario anónimo, burócrata, checkuser (non temos), ou programador (non nas Wikipedias de cada lingua). Cada usuario é responsábel das suas accións, non das dos demais, polo que a responsabilidade só se lle pode esixir a cada un en concreto (noutras palabras, a min só se me pode esixir responsabilidades polo que eu fago, da mesma maneira que a ti só se che poden esixir responsabilidades polo que ti fagas, non polo que fagan todos os usuarios rexistrados ou todos os usuarios que editen).

Transferir dereitos de administración.- Non confundas persoa do mundo real con usuario nun sistema informático. Hai, por exemplo, institutos de secundaria que teñen colaborado desde as clases, tendo un grupo de alumnos o mesmo usuario. A responsabilidade esíxe-se-lle ao usuario rexistrado, non ás persoas reais, que non se coñecen. É como se unha persoa compate a súa tarxeta do banco cun familiar: o banco non sabe quen dos dous pasa polo caixeiro automático, dá-lle os cartos ao "usuario" que se identifica mediante esa tarxeta e un código. Quen poden conceder privilexios de administrador nos wikis de Wikimedia son os burócratas. Nestes momentos hai aberto un debate (Wikipedia:Resolución de conflitos/Casos/Agosto de 2007) para decidir cal debe ser o proceso público polo que se conceda ese status.

Administradores pantasmas.- Eu ignoraba que detrás de User:Moderador non houbese unha única persoa do mundo real, se é que é asi; nunca vin diante a nengún outro administrador. Nen sequer (por poñer un caso) sei se detrás do teu nome de usuario hai, é só un exemplo, dous irmáns que colaboran xuntos ou se algun outro administrador vive no 2ºB do meu edificio!

Se comentas algo que non lle gusta a un administrador se van vir por ti.- O que introducin antes: cada administrador actúa autonomamente e co seu criterio. Ás veces hai diferenzas de opinión entre administradores, como as hai entre usuarios. Para iso se dotou de mecanismos, como as páxinas de discusión (que non existen, por exemplo, nalgún outro software de wiki distinto de MediaWiki). Se existe boa vontade e serenidade os problemas resolven-se. Ti tes certas reservas sobre a maneira de funcionar da Galipedia neste momento; eu espero que falando poidamos aclarar as túas dúvidas, que me poidas facer ver problemas que eu non via, etc. Asi mellorará todo o noso traballo.

Conflitos deste tipo -e moito máis virulentos- teñen existido en todas as Wikipedias, como se pode comprobar a pouco que se mire nelas e como proba a existencia de acordos sobre políticas de resolución de conflitos coas que moitas se tiveron que dotar.

Tirando balóns fóra ata que escampe.- Reitero que cada administrador actua por si. Eu estiven ausente cando se produciu o conflito e cheguei cando estaba moi avanzado. Eu creei a páxina Wikipedia:Resolución de conflitos/Casos/Agosto de 2007 coa intención de resolvelo. Animo-te a participar nela (e a non abandonar o traballo noutras páxinas claro!). Un saúdo. --Xosé (✉) 18:32, 8 setembro 2007 (UTC)


Está ben sabelo, despois desta resposta téñoo claro, non teño nada que facer aquí.--André 18:39, 8 setembro 2007 (UTC)

Non che podo dicir o que tes que facer ou non, pero sí que eu son unha persoa que se viu involucrada no conflicto do mes de agosto e que como poderás ver na miña páxina de discusión, un Administrador pediume desculpas polo despropósito que se fixera coa miña páxina. Pasaron moitas cousas, pero si todos abandoamos non conseguiremos mellorala Galipedia, que ao fin e ao cabo e do que se trata. Anímoche a que participes activamente na páxina da Resolución do conflicto onde se está a suxerir tanto unha política de elección de administradores como unha política de xestión de conflictos. Grazas e pénsao. Un saúdo. Alma 18:49, 8 setembro 2007 (UTC)

    • Se te serve para algo, Miñato bloqueara a Moderador como administrador (e desaparecera da páxina de Administradores)- revisa o historial da páxina de Moderador e da lista de Administradores- e podes consultar en Mediawiki en cambios recentes como onte Moderador voltou a darse de alta como Administrador, eu só son usuaria e ademais novata, pero sei ler e mirar nas páxinas, e despois do de onte; hoxe Miñato contestoulle a Xelo que deixe de usar a Moderador e que puxera o tema nas mans dun administrador con máis antigüidade que el e eu confío nel e estou agardando a que así sexa. Podes velo na páxina de discusión de User:Xelo 2004, e a súa resposta na de User:Miñato onde recoñece que Moderador era un títere usado por algúns administradores, pero penso que o prudente é non meter a todo o mundo no mesmo saco e agardar a que este asunto pola importancia que ten (dado a falta de ética que supón) sexa aclarado convintemente. Alma 19:14, 8 setembro 2007 (UTC)

Ola, espero que penses máis no ben deste choio que no que sintes agora. Espero que traballemos moito tempo xuntos e fagamos entre todos que exista un sistema de xestión no que as responsabilidades (voluntarias claro) de cada un estén claramente delimitadas. Creo que agora é necesario que haxa o maior número de opinións posibles para construir sobre o xa feito, e nese choio todos somos indispensables. Un saúdo e ata outro momento espero. Lansbricae (Ti dirás) 21:49, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Ola, André! O tema de User:Moderador aclarouno aquí o usuario Rocastelo. Aquí hai aberta unha votación para levar a metawiki a retirada de privilexios de User:Moderador, que ademais está bloqueado cun tempo de infinito. Do mesmo xeito está bloqueado o que usou o usuario moderador no seu beneficio, User:Xelo2004 por infinito por Pasar contrasinais sen permiso dun administrador, ameazas. Agardo que sigas en disposición de mellorar a Galipedia, e tamén espero que non creras que estabamos botando balóns fora, porque eu non sabía máis ca ti, e era como se eu te pedira explicacións a ti polo mesmo motivo. Para recuperar paseniño a tranquilidade na galipedia me gustaría que deras a borrar os dous usuarios que creaches. Sería a mellor forma de ir arranxando o tema. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 16:31, 9 setembro 2007 (UTC)

Boas de novo[editar a fonte]

Alégrame verte de novo por aquí, espero que votes moito tempo. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 17:14, 10 setembro 2007 (UTC)

Borrar usuarios[editar a fonte]

Alegro-me moito do que me pides. Non sei como se procede para eliminar usuarios e se o podo facer eu ou o ten que facer un burócrata. Xa falarei con un. --Xosé (✉) 17:16, 10 setembro 2007 (UTC)

  • André1 e André2 están bloqueados e as súas páxinas eliminadas, en espera da confirmación que o sistema MediaWiki non cambiou considéranse usuarios eliminados.--Rocastelo(fálame aquí) 18:49, 10 setembro 2007 (UTC)