Conversa usuario:Almude
Benvido(a) á Galipedia, Almude!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 7 de maio de 2019 ás 14:44 (UTC)
Sobre unha mesma[editar a fonte]
Ola, Almude.
Chámome Xabier, e fáloche porque son editor da Wikipedia coma ti, e vin algo que me chamou a atención. Ao longo destes dous ou tres anos que levas por aquí, fixeches edicións unicamente no artigo de Almudena Otero, e sempre edicións para engadirlle ou actualizarlle cousas. Non sei se Almude e Almudena Otero son a mesma persoa, pero desde fóra pode parecelo.
Na Wikipedia (non só na nosa) non se deben facer edicións en (nin crear) artigos sobre nós mesmas. A razón é que a wikipedia debe ser un texto neutral, e dificilmente podemos ser neutrais cando escribimos sobre nós. Tampouco é elegante. E pode ser que as persoas que ás veces fan isto o fagan coa mellor intención e moderación, pero unha regra máis absoluta evita entrar en conversas de "a ese si se lle deixou facelo, non sei por que a min non" e demais. Como che digo, non sei se Almude e Almudena Otero son a mesma persoa, así que probablemente esteas pensando "pero de que me fala este paisano?". Ben, nese caso, desculpas polo meu exceso de celo. Pensa que desde fóra pode parecelo, e non me fagas caso en absoluto.
Porén, se resulta que si sodes, hai algunhas cousas que podes facer. :)
- edita máis cousas na Wikipedia: crea artigos, corrixe cousas, mellora aspectos que teñamos descoidados, aproveita para acrecentar o saber común. Non ten o mesmo aspecto que o 100% das edicións sexan no mesmo artigo, que que haxa unha diversidade.
- non edites máis nese artigo que leva un nome que parece o teu. Se cadra ves erros, imprecisións, cousas antigas... ben, xa outra persoa se encargará. Alguén dirá "ui, aquí falta isto", e editarao. E se ninguén nunca cae na conta é que... quizais non é tan importante.
- non cambies de nome :) non hai nada malo co teu nome de usuaria. Por unha casualidade hoxe chamoume a atención a min, pero non ten mal. É verdade que no pasado houbo xente que pensou "se o fago con outro nome non se van dar de conta", e ás veces deses cambios de nome si que nos decatamos, e entón as consecuencias son máis latosas, porque é difícil pensar que esa persoa o fixo sen querer ou por descoñecemento.
En fin, non che rompo máis a cabeza, porque non é para tanto. Se tes algunha dúbida sobre isto (ou sobre calquera outra cousa da Wikipedia), pregúntame. Todas as demais persoas que formamos a comunidade estamos aquí para botar unha man. E máis nada. Moitas grazas por todo. Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de setembro de 2022 ás 13:31 (UTC)