Saltar ao contido

Conversa usuario:84.79.64.229

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 84.79.64.229 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Xas (conversa) 1 de maio de 2014 ás 21:44 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola 84.79.64.229. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2014 ás 07:49 (UTC)[responder]

neutralidade[editar a fonte]

Ola!

Grazas por achegar como referencia o monográfico da Revista Galega de Filoloxía. As túas edicións foron aproveitadas, pero fíxose algunha modificación para axustar o texto ao Libro de estilo. Amais, retirei parte da redacción por afastarse do ton enciclopédico, como o texto "tarefa que tomará como unha agradábel actividade complementaria que lle permite incrementar os ingresos salariais e asemade rachar co prosaico do traballo oficinesco, facéndoo merecente da agarimosa lembranza de varias xeracións de alumnos que non deixarán de agradecer o seu maxisterio mesmo en escritos publicados moitas décadas despois", que ten unha certa percepción subxectiva.

Por outra banda, recoméndoche que lle botes un ollo a Wikipedia:Punto de vista neutral; non se estima correcto editar un artigo sobre unha persoa con quen se ten relación, xa sexa familiar, de amizade, ou profesional. Agradécese moito a achega de fontes e mesmo de imaxes, de as teres, pero quizais as túas achegas poidan non ser todo o obxectivas que require unha enciclopedia.

Un cordial saúdo, e mil grazas por colaborares. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de maio de 2014 ás 09:05 (UTC)[responder]