Conversa usuario:83.58.20.114
Benvido(a) á Galipedia, 83.58.20.114!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:00, 21 de abril de 2010 (UTC)
Revertín a túa edición en Carvalho Calero. Cómpre respectar a súa opción. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:00, 21 de abril de 2010 (UTC)
- O nome dun é o nome polo que un quere ser coñecido. Outramente, estariamos a falar de José Luis Méndez Ferrín ou Eugenio Novo Neira. Carvalho Calero é evidente que quería ser coñecido como Carvalho Calero (ao dicir da súa segunda etapa). Non creo que admita moita reviravolta, pero se queres teimar no asunto por suposto podelo facer argumentando na páxina de conversa do artigo. De calquera maneira, non son eu o único editor que corrixiu as túas modificacións, tamén o usuario Lameiro recuperou unha edición; quero dicir con isto que non é unha decisión unipersoal, senón o proceder habitual. Un saúdo e dálle duro á Galipedia, que hai traballo arreo. --Atobar (conversa comigo) 20:18, 21 de abril de 2010 (UTC)
Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, emprégase o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor, cree unha conta ou acceda ao sistema para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos. |