Conversa usuario:213.60.51.105

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 213.60.51.105 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:56, 7 maio 2009 (UTC)

Ola ip! Na wikipedia non se pode crear material sobre un mesmo ou a súa propia obra, xa que colide contra varias normas (o punto de vista neutral, a verificabilidade e que wikipedia non é fonte primaria) e contra os principios da Wikipedia. Por este motivo os artigos creados serán eliminados. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 17:02, 14 novembro 2008 (UTC)

  • Por favor, Ip, segue o libro de estilo. Non sigas a crear artigos antes de arranxar os que xa fixeches e que carecen de moitas das pautas básicas de estilo. Mira outros artigos similares para te faceres unha idea de que o tes que facer. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 15:55, 7 maio 2009 (UTC)

Borrados[editar a fonte]

Acabo de borrar tres artigos sobre os Bolechas por ser traducións literais de http://www.filix.org/prel/boleadxo_es.html. A Galipedia prohíbe expresamente este tipo de actuacións, como seguramente saibas. Estou a piques de borrar tamén a páxina do propio Pepe Carreiro porque supoño que tamén estará copiada ou traducida, pero antes preferín preguntarche a fonte da que quitaches esa biografía. Pedro --Lameiro (conversa) 16:33, 7 maio 2009 (UTC)