Conversa usuario:181.25.197.4

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Outra vez ip's creando artigos con palabras arxentinas e en castelán. 181.25.197.4 5 de outubro de 2021 ás 17:14 (UTC)[responder]

Dámosche a benvida á Galipedia, 181.25.197.4

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 17:51 (UTC)[responder]

Vandalismo[editar a fonte]

Por favor, deteña as súas edicións destrutivas. Se continúa a vandalizar a Wikipedia, pode ser bloqueado/a. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 17:51 (UTC)[responder]

Vandalismo[editar a fonte]

Este é o último aviso que recibirá para deter as súas edicións destrutivas. Se volve vandalizar a Wikipedia de novo, pode ser bloqueado/a mesmo sen máis avisos. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 18:12 (UTC)[responder]

Vandalismo[editar a fonte]

Este é o único aviso que recibirá para deter as súas edicións destrutivas. Se volve vandalizar a Wikipedia de novo, pode ser bloqueado/a mesmo sen máis avisos. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 18:21 (UTC)[responder]

Como editar unha páxina[editar a fonte]

Boas 181.25.197.4. Recoméndolle botar unha ollada á páxina Axuda:Como editar unha páxina, para coñecer máis información sobre como editar na Galipedia. Vostede, por exemplo, fixo unhas edicións pouco axeitadas en "Don Torcuato". Para manter o artigo na Wikipedia, aconsélloche amplialo (unha frase tan curta non é suficiente). Tes a posibilidade de traducir a súa versión en castelán total ou parcialmente, ou mesmo noutras linguas coma o inglés, portugués ou italiano.

Asemade, bótalle outra ollada ás políticas fundamentais da Galipedia, para evitares que as túas edicións sexan desbotadas por outros editores por non as cumprir.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 18:33 (UTC)[responder]

Posible violación de dereitos de autoría en Los Tekis[editar a fonte]

Ola, 181.25.197.4, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Los Tekis, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 18:52 (UTC)[responder]

Investigacións orixinais[editar a fonte]

Ola 181.25.197.4. Benvido ao proxecto.

En relación ás túas edicións, quería dicirte que a Wikipedia non é lugar para publicar investigacións orixinais. Tes máis información sobre ese aspecto en Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria.

Por iso, por favor, indica en notas ao pé as referencias da información que achegas, segundo o indicado en Wikipedia:Citar as fontes. En caso contrario, as túas contribucións poderían ser revertidas.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 18:52 (UTC)[responder]

Retirada de marcadores e avisos nos artigos[editar a fonte]

Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 19:07 (UTC)[responder]

Retirada de marcadores e avisos nos artigos[editar a fonte]

Por favor, non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes sen dar un motivo fundamentado para a devandita eliminación no resumo de edición ou na páxina de conversa do artigo. Semella que a edición que fixeches non foi construtiva e alguén a reverteu. Por favor, usa a zona de probas se o que queres é experimentar con edicións de proba. Grazas. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 19:09 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Ola 181.25.197.4. Hai cousas que os tradutores automáticos fan especialmente mal, por exemplo traducir e adaptar correctamente os modelos {{cita libro}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita web}} etcétera. Eses son os modelos que inclúen, moitas veces, as referencias do artigo, que, como probablemente xa saberás, son algo moi importante en Wikipedia (WP:V, WP:NFP, WP:CITE, WP:FF ...). Por iso e por outros motivos máis obvios, as traducións automáticas deben ser revisadas e completadas (exemplo). ¿Poderías ti proseguir a revisión da última páxina que iniciaches, achegando os contidos que quedaron atrás no proceso automático?.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 19:13 (UTC)[responder]

Retirada de marcadores e avisos nos artigos[editar a fonte]

Por favor, non retire os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Teña en conta que unha reiteración neste comportamento considérase prexudicial para o funcionamento da wiki e pode dar lugar a que se lle aplique un bloqueo. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 19:20 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 19:20 (UTC)[responder]

Xurásico/Jurásico[editar a fonte]

Ola, 181.25.197.4. Benvido á Wikipedia en galego.

Déixote aquí, a continuación, unha ligazón ao dicionario da Real Academia Galega, que quizais che resulte de utilidade:

Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario da Real Academia Galega
xurásico

adxectivo
   [Período] intermedio da era secundaria, comprendido entre o Triásico e o Cretáceo.

Recoméndoche, tamén, que te rexistres, porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico).

Un saúdo e a seguir. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 19:26 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Este é o último aviso que recibirá para deter as súas traducións automáticas. Deteña a exportación de artigos en castelán ó noso wiki en galego sen previamente traducilos, doutro xeito estes serán eliminados tarde ou cedo, por estar noutra lingua na súa totalidade e non ter intención de arranxalo, senón de facer spam e puramente comprometer de forma deliberada a integridade da Galipedia. Lembre que se volve vandalizar a Wikipedia de novo, pode ser bloqueado/a mesmo sen máis avisos. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 19:30 (UTC)[responder]

Xeolóxico/Geológico[editar a fonte]

Ola, 181.25.197.4. Benvido á Wikipedia en galego.

Déixote aquí, a continuación, unha ligazón ao dicionario da Real Academia Galega, que quizais che resulte de utilidade:

Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario da Real Academia Galega
xeolóxico

adxectivo
   Relativo ou pertencente á xeoloxía.

Un saúdo e a seguir. --RubenWGA (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 20:03 (UTC)[responder]

Ola ip. De novo, continuas a vandalizar os nosos artigos e a molestar e destruír as edicións doutros usuarios. Polo de agora, se che incrementa o tempo de bloqueo. De persistires nesta actitude, solicitarei o bloqueo total en toda a Wikipedia. Espero que recapacites e respectes ao resto dos usuarios. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 6 de outubro de 2021 ás 18:41 (UTC)[responder]