Conversa usuaria:Elena cp

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvida á Galipedia, Elena cp!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 21:13, 20 de setembro de 2012 (UTC)

Nomes propios en maiúscula[editar a fonte]

Elena, trasladei o artigo *Madame tussauds a Madame Tussauds.

Os nomes propios escríbense en maiúscula.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 18:41, 6 de outubro de 2012 (UTC)

Traducións[editar a fonte]

Boas, vin que estás a traballar no artigo Corpus Christi, Texas e polo que parece é unha tradución dun artigo doutra wikipedia. Coméntoche que para manter a licenza hai que indicar de ónde procede a información que se está a traducir, na Galipedia pode poñerse nos resumos de edición, pero como ti xa engadiches o contido tes que poñer o modelo Traducido de na páxina de conversa do artigo. Podes ver un exemplo na conversa do artigo Criminal Minds.

Outra cousa é que se usas un tradutor automático tes que ter moito coidado con el porque o texto que devolve ten moitos erros e hai que repasalo moito. Debes pensar que isto é unha enciclopedia e a ortografía e gramática dos artigos teñen que ser as mellores posibles.

Que estes comentarios non te desanimen nin un chisco, todo o contrario, se tes calquera dificultade ou precisas calquera axuda podes deixarme un comentario na miña páxina de usuario e axudareiche en todo o que poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2013 ás 12:11 (UTC)[responder]