Conversa modelo:Benvida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Porque será que a assinatura fica abaixo da mensagem? --Slademsx 03:07, 14 maio 2006 (UTC)

  • Non sería interesante que na benvida houbese unha ligazón a Wikipedia:Cinco piares?, despois de todo constitúen os alicerces da Wikipedia.--RNC 18:02, 20 setembro 2009 (UTC)
    • Paréceme boa idea. Poderías propoñelo na taberna. --GallaecioE logo? 18:22, 20 setembro 2009 (UTC)
    • A min tamén me parece boa idea. Por min adiante. --Alberte Si, dígame? 18:29, 20 setembro 2009 (UTC)
Se non hai ninguén que se opoña supoño que non fará falta levalo á Taberna.--RNC 18:47, 20 setembro 2009 (UTC)
Incluín a ligazón, se hai alguén que se opoña, revírtoo e paso a proposta á Taberna.--RNC 18:54, 20 setembro 2009 (UTC)
Que tres esteamos dacordo non significa que ninguén se opoña. De todos xeitos, dubido que alguén se opoña, sendo un cambio menor e certamente necesario. --GallaecioE logo? 18:58, 20 setembro 2009 (UTC)
  • No canto de Os alicerces da Wikipedia son os Cinco piares polo que é importante que lle botes unha ollada non sería mellor Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada? --Atobar (conversa comigo) 20:29, 20 setembro 2009 (UTC)
    • Home, a existencia da ligazón xa implica o estes, pero non vexo inconveniente en cambialo. --GallaecioE logo? 22:09, 20 setembro 2009 (UTC)
  • Agora veño eu a facer unha corrección sintáctica; coido que debera ser: Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lles botes unha ollada. O suxeito da oración é os alicerces (é plural) así que o pronome que se refire a el debe ir en plural tamén. Non? --Toliño Fala aquí comigo 12:44, 21 setembro 2009 (UTC)
Tamén eu caera na conta, pero coido que ambas as dúas opcións son correctas. Depende do enfoque que se lle queira dar. Isto ou estes cinco piares. --Atobar (conversa comigo) 13:07, 21 setembro 2009 (UTC)

English welcome[editar a fonte]

I think it would be a nice thing if something like the following could be included in this welcome-template:

Welcome! If you don't speak Galician language: This is a welcome message sent to new users of gl (Galician) Wikipedia.

I'd do it myself, but I'm not allowed to edit. — SuNotísimaTalk 13:13, 22 de abril de 2010 (UTC)

Coido que é unha boa idea poñer unha pequena frase como a que di SuNotísima, ligando cara unha páxina onde haxa unha benvida en inglés e se cadra algún outro idioma. --Alberte Si, dígame? 21:56, 22 de abril de 2010 (UTC)
A min pareceume interesante a idea que tiveron na eu:wp, que non é outra cousa que unha embaixada para os que non falamos a lingua. A mensaxe pode ser esa ou outra que puidese servir de axuda. Xoacas(non che sinto?) 22:31, 22 de abril de 2010 (UTC)