Conversa categoría:Esperantistas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas! veño de ver que hoxe se creou esta categoría esperantistas e estanse colocando as entradas biográficas correspondentes dentro dela. Non teño moita idea, pero o certo é que me sorprendeu, porque entrei a colocar unha referencia e contido dentro da entrada de Ángela Ruiz Robles xa que non indicaba nada de que soubera esperanto.

E esta ausencia de contido e referencias sobre este tema tamén pasa nas entradas de Xesús Alonso Montero,Charles Robert Richet,Charles Albert Gobat,Judit Polgár etc. (cansei de mirar, hai algunhas que si inclúen esa información, como Jules Verne e Zorbergur Zordarson.

A miña pregunta é: eu non dubido que este traballo poida estar a facerse a partir dalgunha fonte (listado de esperantistas dalgún outro proxecto), pero é válido crear e mover entradas a categorías que non figuran ben referenciadas nas propias entradas? faise a posteriori esta modificación do contido das entradas? non é un pouco raro insistir no contido referenciado dentro da Galipedia e logo crear categorias sen citar a fonte? Saúdos--Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2018 ás 18:29 (UTC)[responder]

Boas! É verdade, ten razón. Habería sido mellor engadir a información antes de engadir a categoría nos artigos onde esta dimensión aínda non estaba referenciada. A partir de agora vou facelo así. --KsaveroEO (conversa) 1 de abril de 2018 ás 19:16 (UTC)[responder]

Quen é esperantista?[editar a fonte]

Habería que identificar o que se entende por esperantista. Segundo a Bulonja Deklaracio que é a que emprega o movemento esperantista para definilo, un esperantista é aquela persoa que pode falar esperanto; segundo o DRAG un esperantista é partidario da difusión do esperanto. Segundo se empregue unha ou outra definición varía a quen meter ou non na categoría, a definición do DRAG non é especializada e de moi difícil concreción, poderiamos meter como esperantistas a persoas que nunha entrevista digan simplemente que lle gusta o do esperanto, o que non tería moito sentido, o lóxico sería empregar a primeira definición penso que é máis acaída.--HacheDous=0 (conversa) 22 de outubro de 2020 ás 22:12 (UTC)[responder]

Usuario:HacheDous=0 Eu entendo que non clasificamos á xente pola súa lingua, agás casos moi específicos (escritores por lingua, por exemplo). Polo tanto, entendo que habería que limitar a categoría aos activistas do esperanto. Norrin (Fálame) 10 de novembro de 2020 ás 11:24 (UTC)[responder]
Norrin:Entón habería que crear a categoría activistas e revisar esta categoría, agora está xente no que no seu artigo o que se di é que foi un "gran partidario do esperanto" sen concretar e para min iso simplemente non é ser activista do esperanto, ou por aprender a falar esperanto na casa. E deixar esperantista para os estudosos do esperanto (como galaicista ou hispanista), xa que alguén que estude a lingua ou a literatura do esperanto non ten que ser activista ou mesmo pode ser contrario á idea do esperanto como lingua universal.--HacheDous=0 (conversa) 10 de novembro de 2020 ás 15:29 (UTC)[responder]
Si, estou de acordo. En calquera caso, non incluiría xamais na categoría aos "partidarios de" nin aos "falantes de"; ten que ter unha importancia suficiente na biografía en cuestión. --Norrin (Fálame) 10 de novembro de 2020 ás 15:53 (UTC)[responder]