Conversa categoría:Corais polifónicas de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, penso que hai que mover esta categoría a "Corais polifónicas de Galicia", en feminino. Non coñezo ningunha coral galega que teña por nome "Coral Polifónico X" ou "Polifónico X" a secas, senón que todas son "Corais Polifónicas" (véxase "el Eco", "Follas Novas", "Eumesa", "de Bergantiños"... e tantas outras). Un saúdo, Piquito (conversa) 8 de maio de 2021 ás 12:39 (UTC)[responder]

Olá @ Piquito. Eu tamén pensei que o título era erróneo máis veño de mirar aquí en academia.gal e na segunda acepción aparece en masculino. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 8 de maio de 2021 ás 13:33 (UTC)[responder]
Si MAGHOI, é o "coral luterano" ou o "conxungo coral" (como a asignatura que hai -ou había- nos conservatorios), pero todos os artigos desta categoría son "agrupacións" ou "asociacións", que son femininas. Eu vexo clarísimo que cos artigos que hai nesta categoría o nome debe ir en feminino para que haxa concordancia entre o nome da categoría e como se autodefinen todas estas agrupacións, e como historicamente se lles ten chamado en Galicia. Un saúdo, Piquito (conversa) 8 de maio de 2021 ás 15:17 (UTC)[responder]
Ollo, o DRAG [1] non di que nesa acepción ese substantivo sexa masculino (inda que na construción do exemplo vai precedido do artigo masculino).
Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario da Real Academia Galega
coral

substantivo
   2 Grupo de persoas que cantan conxuntamente.
   Actuación do coral da universidade
   ▶ SINÓNIMOS coro, orfeón

Será que pode empregarse cos dous xéneros? Sería correcta, tamén, a construción "Actuación da coral da universidade."? Pregunto. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2021 ás 20:49 (UTC)[responder]
A ver, os de letras (Adrián, Alex...) --. HombreDHojalata.conversa 12 de maio de 2021 ás 19:32 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── HombreDHojalata, independentemente do posicionamento da RAG está o uso común, que considero é algo a ter en conta. Eu nunca escoitei "o concerto do coral universitario", para min un coral (a secas) é unha composición e non unha agrupación. A min o feito de que non especifique xénero me soa a que ten ambos, máis aínda vendo o uso real na rúa. Un saúdo. Piquito (conversa) 13 de maio de 2021 ás 04:36 (UTC)[responder]

Polo momento, debe quedar como masculino. O DRAG, referencia de primeiro rango, así o marca (Actuación do coral da universidade). Tamén, como opción secundaria, cabe mencionar que outros dicionarios como o Digalego ou, sobre todo, o Gran Xerais recollen a súa utilización en feminino. Tamén vexo que o Superdicionario Castelán-Galego de Morgante marca a forma en feminino para esa acepción. O cambio parece, polo tanto, que non procede, pero si a nota ao pé ou unha solución similar. De calquera maneira, non descartaría que se cadra a RAG tampouco non o teña claro de todo. Ou non, non o sei. Cumpriría preguntarlle a Lexicografía directamente para logo poder, de ser o caso, modificalo aquí. Non antes.--Atobar (conversa comigo) 13 de maio de 2021 ás 08:34 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Atobar, HombreDHojalata e MAGHOI, o título desta categoría debe mudarse, se non se quere empregar a forma en feminino para "coral" (válida e referenciada en varias fontes, como xa se sinalou), haberá que buscar outra fórmula, polo que propoño mudar o nome desta categoría a "Agrupacións corais de Galicia", sen entrar en que sexan ou non polifónicas, e meter nela todas as agrupacións destas características que hai en Galicia (que son unhas cantas, por certo, se contamos as que están activas e as numerosísimas que xa non existen). Paso a explicar tres motivos fundamentais polos que esta categoría ten un nome incorrecto:

  1. Cando en música se fala dun coral (en masculino), faise referencia a unha composición, por norma xeral ligada ao culto luterano, aínda que tamén se poden escoitar corais de trompas en obras sinfónicas (ben chulos moitos deles, por certo). Engado que o DRAG non inclúe esta definición de coral no seu dicionario (nótese que a RAG non é autoridade en materia de música -nin o ten que ser-, de feito poden atoparse inexactitudes nas súas definicións, como por exemplo na definición de "abertura", na que só se refire ás aberturas de obras escénicas, obviando as aberturas de concerto, que curiosamente é o tipo da que poñen no exemplo... en resumo, que a RAG non sempre ten razón e se engaña coma min ou calquera de vos).
  2. Hai unha notable falta de concordancia entre a categoría e os artigos que a integran. Como pode ser que nunha categoría que se chama "corais polifónicos" todos os artigos que a integran que teñen esas dúas palabras sexan "coral polifónica"? Debería haber concordancia para dar coherencia.
  3. O uso común sempre emprega o feminino. O exemplo que dá a RAG simplemente non é real, nunca na vida (e crieime nun concello maioritariamente galegofalante) escoitei a ninguén dicir que vai ao concerto "do coral X" senón "da coral X". Se queremos ter xente que nos lea teremos que ser accesibles á xente, do mesmo xeito que se a RAG quere que se fale galego terá que adaptarse ao que fai a xente para que a típica frase de "non falo galego porque o falo mal" deixe de empregarse (isto último reflexión persoal, á marxe do debate).

Penso que simplemente atendendo á ambigüidade da utilización da palabra "coral" en masculino xa hai un motivo abondo como para mudar esta categoría: que se espera ver na categoría "corais polifónicos de Galicia? Himnos luteranos? Composicións para voces? Por todo o exposto propoño mudar a categoría á categoría "Agrupacións corais de Galicia", se nun prazo de cinco días non hai obxeccións, ou se antes dese período hai consenso para o movemento procederei ao cambio. Un saúdo e grazas, Piquito (conversa) 13 de maio de 2021 ás 21:21 (UTC)[responder]

Ola, Piquito. A verdade é que eu da materia non entendo gran cousa. A miña primeira intervención foi por resolve-la túa nota; mirei na academia e vin o que indiquei despois. Se os demais non teñen nada en contra, a túa última proposta parécebem ben. Saúdos. MAGHOI (conversa) 13 de maio de 2021 ás 21:57 (UTC)[responder]
Outro caso de intertpretación restritiva do DRAG. A entrada como sustantivo non indica xénero, ergo son válidas as formas en masculino e en feminino. O exemplo que dá en masculino (o coral universitario) non significa que rexeite o uso do feminino para, por exemplo, a coral polifónica de Redondela. Se Coral fose masculino, viría marcado como sustantivo masculino. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de maio de 2021 ás 22:08 (UTC)[responder]
Moitas grazas pola túa achega Lameiro, esperarei o tempo que dixen e procederei ao cambio que propuxen inicialmente, xa que a miña primeira opción resulta ser tamén válida. Un saúdo, Piquito (conversa) 13 de maio de 2021 ás 22:17 (UTC)[responder]
Así é, ocorre o mesmo con «fin» [2], onde ademais hai exemplos en masculino e feminino. One2 (conversa) 13 de maio de 2021 ás 22:19 (UTC)[responder]
Grazas a ti tamén One2, non hai dúbida pois en que, efectivamente, a acepción en feminino é correcta para ese uso. Atendendo ás argumentacións do debate a favor da mudanza, e en vista de que o título en feminino é correcto, non vexo motivo para agardar e procedo ao movemento, xa que considero que é unha categorización mellor. Un saúdo e grazas a todas as persoas que participaron no debate por facer que este fora fluído e chegaramos axiña a unha solución, Piquito (conversa) 14 de maio de 2021 ás 05:44 (UTC)[responder]