Conversa categoría:Índice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Penso que sería oportuno contar coa categoría raíz Natureza, no canto de reconducir os fenómenos naturais á Categoría:Ciencia.

O motivo polo que defendo esta postura é porque considero que hai que diferenciar o fenómeno en si do achegamento que ó mesmo se poida facer a través da ciencia. Linneo ou o método do carbono 14 son ciencia, mentres que árbore, galaxia, ou pomba, son realidades diferentes que deben ter a súa propia categoría raíz, non susceptible de encadrala noutra.

Pediríavos que dérades a vosa opinión xa que, na medida en que é un cambio que repercute en todas as demáis categorías, de adoptarse esta decisión debería selo co maior consenso posible. --Iago 23:33, 24 febreiro 2009 (UTC)

De arranque non concordo : non pode haber na enciclopedia un fenómeno en si que non sexa achegamento. Todos os artigos que poidamos escribir sobre a natureza entran nas categorías nais Arte e Cultura e/ou Ciencias, penso eu. O que decimos sobre arbores, galaxias ou pombas son coñocementes que non veñen da natureza ...(D:). ElviraConversa comigo 22:38, 26 febreiro 2009 (UTC)
Francamente, o tema da categorización supérame. Entendo a proposta de Iago, e comparto os seus razoamentos. Pero non podo achegar nada novo ao debate.
Que método se usou para categorizar a galipedia? É o momento de facer unha categorización seria e científica? Serviría de exemplo a categorización que fan dos libros nas bibliotecas?
Animo a quen coñeza algo do tema a que achegue información interesante. Eu prefiro non meter a zoca e manterme fóra do debate.
--Estevo(aei)pa o que queiras... 22:44, 26 febreiro 2009 (UTC)
En principio, creo que o estudo da natureza é unha rama da ciencia, como o sería a astronomía, as matemáticas ou a lingüística. Todo son ciencias. Á par das ciencias, mo mesmo nivel de categorización, vexo ben as artes e cultura; pero menos lóxica as Personalidades (aínda que comprendo que haxa que separalas). O contido en Referencias non ten, nin moito menos, ese nivel, pero tamén cómpre esa separación doutros conceptos. En resumo, así, nunha primeira impresión, creo que as ciencias da natureza (visto con esta denominación quizais estea máis claro) están ben colgando da categoría Ciencia. Iso si, a cuestión da categorización, a súa sistematización, é unha das asignaturas pendentes da Galipedia, como si Estevo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:57, 26 febreiro 2009 (UTC)
Eu non concordo para engadir de arranque a categoría Natureza tal como o presenta Iago e de xeito aislado cos mótivos que contei arriba, para mín o que sabemos da naturez cabe nas cienzas ... da natureza. Agora ben, non por eso opoñome a elaboración doutra arquitectura nas categorías nais. Non me ven nada de memoria pero sei que hai listaxes conceptuales para clasificar os contidos do coñocemente e iso como di Estevoaei podese atopar en libros e tamén en ... google. Máis niste caso debemos lembrar esta organización do coñocemento. Podese tamén que sexan posibles estruturas de tipo máis tematico e que correspondan mellor as preocupacións lexitimas de Iago. Eu non son especialista, gustame cavilar e aprender. ElviraConversa comigo 23:35, 26 febreiro 2009 (UTC)
Eu non concordo de raíz, xa que árbore, pomba, e demais exemplos forman parte das ciencias naturais, e os contidos dos seus artigos son principalmente científicos. --GallaecioE logo? 23:52, 26 febreiro 2009 (UTC)

Ben mirado, é curioso o antropocentrismo co que estivemos categorizando as cousas: os planetas non son elementos do universo, senón obxectos da astronomía; as pombas non son aves, senón obxectos da ornitoloxía... É como esa liña que trazamos nas plantas e nos moluscos, por exemplo, entre comestibles e non comestibles... Entendo e comparto o razonamento de Iago dende un punto de vista de neutralidade, pero paréceme un troco moi complexo na estruturación da wikipedia, e que habería que o pensar moi moi ben antes de levalo adiante. --Xabier Cid Conversa 01:47, 27 febreiro 2009 (UTC)

  • Calquer cambio grande en categorías a este nivel e a estas alturas (40 mil artigos) é complicado... Moito traballo que facer. Ao igual que Estevo entendo a proposta e razoamento de Iago, pero comparto a idea de que os fenómenos da natureza pódense estudiar e polo tanto pertencen tamén á ciencia. O que si se me ocorre é cambiar o nome da categoría, de "Ciencia" a "Ciencia e Natureza". Non é so por dar unha opinión "neutral", se nón porque así recolleríamos na mesma categoría as dúas opinións, ademáis o cambio non costaría tanto. --Banjo tell me 08:33, 27 febreiro 2009 (UTC)
Se se fixese iso, habería que separar tamén outras subcategorías de Ciencia, coma a tecnoloxía. Eu sigo sen estar seguro. --GallaecioE logo? 10:18, 27 febreiro 2009 (UTC)
Ben, agora que o debate vai collendo forma gustaríame contarvos en qué contexto se me ocurreu. Estaba categorizando os artigos da Categoría:Galicia cando quixen englobar as categorías Patrimonio natural de Galicia, Xeografía de Galicia, e un eventual Climatoloxía de Galicia, e me vin na situación de ter que reconducilo á Categoría:Ciencias naturais, o cal non me pareceu lóxico polo motivo que apunto arriba.

Respeito do argumento segundo o cal non debe haber unha categoría independente porque o que sabemos da natureza é a través da ciencia, compréndoo pero non o comparto. Nunha enciclopedia, por definición, calquera realidade que se plasme está recollida con criterios científicos e racionais, e non só os artigos sobre fenómenos naturais. Así, á hora de falar dun artista non nos guiamos por criteriso subxetivos ("Miró era un señor que pintaba moi raro (...)"), senón que se expoñen os datos que saibamos del do xeito máis obxetivo e sistemático posible, e non por iso temos unha categoría Ciencia da pintura. A ciencia, coma a relixión, é un medio para achegarse a unha realidade, e o feito de que o criterio científico sexa o que se empregue con caracter transversal en todos os artigos, non significa que, á hora de categorizar, o que ten coma obxetivo facilitar a localización dos artigos, debamos incurrir no antropocentrismo que sinala Xabier. Non pretendo empregalo coma criterio de autoridade, porque cada Wikipedia debe xestionarse conforme os seus usuarios entendan que se cubren mellor ás súas necesidades, pero, logo de facer a proposta, fun á Wikipedia inglesa e alí é a Ciencia a que pende da categoría Natureza. Repito, non se trata de subordinar a Galipedia ós criterios organizativos da máis complexa das Wikipedias, pero si que vos quero deixar o enlace para contastar cómo foron resolvendo eles os problemas de categorización (a categoría Natural science, situada fora de Science, está pendente de reubicación nesta última, polo que están a pedir na páxina de conversa).

Finalmente, sobre as complexidades técnicas que unha mudanza deste calibre tendrían, paréceme que é o atranco maís importante. Sobre todo, porque non abondaría con crear a categoría Natureza, senón que logo habería que ramificala en tantos fenómenos coma fora necesario. Nese sentido, a opción que propón Banjo, mudar a categoría Ciencia por Ciencia e natureza sería a máis económica e, ó mesmo tempo, abriría a opción para que puideramos crear subcatecorías coma a de Natureza de Galicia á que aludía ó principio. --Iago 10:49, 27 febreiro 2009 (UTC)

Eu non atopo moita diferencia entre Ciencia e Natureza e Ciencias da Natureza. Pero ao que quero ir é ao exemplo que puxeches do artista. A información do artista non é científica, simplemente biográfica. Non se recollen datos reproducible del, simplemente biográficos, históricos. É coma se houbese un artigo non de "árbore", senón do olivo de Vigo (non sei se hai tal artigo). Tal artigo probablemente non correspondería ás ciencias naturais, no caso de que nel se recollese información histórica da relevancia de tal árbore na historia de Vigo. (por certo, o corrector dáme "olivo" como incorrecto, e non aparece no Digalego, como se di en galego?) --GallaecioE logo? 11:20, 27 febreiro 2009 (UTC)
Dise oliveira. Sobre o da categoría Índice teño moitas dúbidas sobre se as pólas importantes deben categorizarse nun índice, máis ben penso que non. Antes de dar unha opinión debería facerme unha idea antes e tamén ver como está a cousa noutras wikipedias. Alberte Si, dígame? 11:34, 27 febreiro 2009 (UTC)