Conversa Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Seguimento Concellos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As cores da columna da esquerda corresponden con algún tipo de código de difícil interpretación? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:02, 20 de outubro de 2010 (UTC)

hehehe, :) As provincias... :) Explicareino na columna. --Xabier Cid Talk, please 12:04, 20 de outubro de 2010 (UTC)

¿Onde estaba a estrutura básica que detallaba o contido mínimo que deberán te-los artigos dos concellos? Pedro --Lameiro (conversa) 09:18, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Eiquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:02, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Acabo de marcalo con negriña na páxina do wikiproxecto, pra que se vexa mellor. --Xabier Cid Talk, please 13:53, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Detalle dos traballos a facer[editar a fonte]

Penso que sería ben que ó comezo desta páxina de seguimento se expliquen qué traballiños hai que facer para que se considere que está rematada ou correcta cada unha das tarefas. Por exemplo xa houbo problema coa actividade de Recategorización, e por exemplo, no apartado da Foto, ¿qué se considera correcto?, ¿que simplemente haxa unha foto calquera do concello ou ten que ser a da casa do concello?, ¿que esté en calquera parte do artigo ou na infobox?, etc... Si poñemos unha pequena explicación do que se debe facer en cada apartado, quedará máis claro para todos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:01, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:32, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Engadín unha pequena explicación das tarefas pero será mellor que as revisedes, algunhas non as teño claras, e outras haberá que completalas. Tamén fixen unha versión da páxina cunha táboa que permite ordenar as columnas. Está eiquí para que lle votedes un vistazo e si vos parece que pode ser útil podemos cambiala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:18, 3 de novembro de 2010 (UTC)

A posibilidade de ordenar a táboa é un puntazo. Daría moito traballo modificala? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:21, 3 de novembro de 2010 (UTC)

Xa fixen unha versión con ordenación na miña subpáxina, ten os mesmos datos que a que temos eiquí, si vos gusta copiámola e listo. As pegas que ten:
  • É unha táboa con tódolos concellos, non están separados por letra co cal hai que buscar un pouco máis para modificar os datos, agora voulle poñer uns separadores internos para que sexa máis doado atopar as filas.
  • Parece que a tabla non da ordeado as imaxes de OK, por iso tiven que poñer SI ou NON antes das imaxes para que se ordenen correctamente. Isto fai que non quede tan bonito.
O que si tedes que revisar e completar é a explicación das tarefas que engadín na páxina de seguimento porque algunhas poden estar incompletas e outras non sei moi ben a qué se refiren. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:31, 3 de novembro de 2010 (UTC)

Poboación actual[editar a fonte]

A poboación xa está actualizada en todos os concellos (a non ser que me saltase algún). Podédelo comprobar nas miñas contribucións. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 10:05, 5 de novembro de 2010 (UTC)

O que estaría ben é que esa poboación tivera incluida a referencia como se indica en Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos_2011/Seguimento_Concellos#Poboaci.C3.B3n_actual, e que sirve tamén para referenciar, e engadir a referencia correspondente, o ano do censo e a área do concello, hai un exemplo en Abadín. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:14, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

A efectos de control do avance do traballo, aclaro:

Os concellos están xa todos na súa categoría homónima e na categoría Concellos da provincia de A-Que-Sexa. As parroquias están xa todas na categoría Parroquias de O-Concello-Que-Sexa, e esta á súa vez na categoría O-Concello-Que-Sexa e na categoría Parroquias de Galicia. A medida que vaia tendo paciencia irei facendo o propio cos lugares, pero vai levar tempo (máis). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:57, 7 de novembro de 2010 (UTC)

Pregúntome se as cabeceiras daquelas parroquias que só contan cun núcleo de poboación deberán estar categorizadas ao mesmo tempo na categoría de parroquias e na de lugares. Polo momento estounas metendo nas dúas, pero poucas levo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:43, 7 de novembro de 2010 (UTC)

Moi ben, así non ides deixar choio para o resto ;). O que eu estou pensando é que ó mellor non nos compensa moito meternos agora cos lugares, ¿non?. ¿Non quedaramos que iamos a centrarnos primeiro nos concellos e logo miraríamos as outras estruturas inferirores?... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:03, 7 de novembro de 2010 (UTC)

Xa están postos na súa categoría todos os concellos, parroquias e lugares de Galicia para os que hai artigo. Non sei moi ben como indicalo na táboa. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:00, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Eu penso que debería poñerse no apartado de Recategorización, aínda que actualmente hai sitios onde está marcado con X (p. ex. Amoeiro) eu non estou dacordo con ese X xa que, o único que lle vin, é que lle falta a categoría de lugares, pero iso é porque non ten ningún artigo dos seus lugares e por iso non existe a categoría. Eu penso que ese caso non debe levar X e si ti dis que xa está todo ben na súa categoría, entón eu diría que hai que poñerlle o OK a toda a lista nese apartado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:08, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Alcaldes[editar a fonte]

Acabo de atopar esta páxina da deputación de Ourense con tódolos alcaldes dos seus concellos. Pouco a pouco irei engadindo os nomes na lista, o que guste... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:50, 10 de decembro de 2010 (UTC)

Aquí a Directiva provincial do PPdeG de Pontevedra, seguro que é útil. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:26, 13 de decembro de 2010 (UTC)

Aquí os procesos electorais en Ourense dende 1991, con todos os pormenores. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:10, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Aquí os alcaldes de Coruña, só faltan os de Lugo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:42, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Aquí está a lista de tódolos alcaldes de España. Nesa mesma web hai unha lista de tódolos alcaldes das eleccións de 1979. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 03:18, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Atopei aqui un artigo sobre tódolos alcaldes de Lugo no que lle fan unha entrevista a cada un deles. Algo de información trae pero non o mirei a fondo como para saber si pode aproveitarse moito ou pouco, pero como pouco xa é unha lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:55, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Rematei coa revisión dos escudos dos concellos. Engadín algúns que faltaban, din aviso ó Taller de Heráldica y Vexilología da es:wp para que corrixisen algúns (estano facendo a modo), retirei e marquei con {{SímboloIncorrecto}} algún que estaba errado e fun marcando con {{SímboloOficial}} e {{SímboloNonOficial}} segundo o que correspondía. Tamén marquei con {{EnCommons}} algúns que estaban duplicados e que supoño que procederá borrar. Agora dareille outra volta para acabar de categorizalos, porque hainos que non están en ningunha categoría. Polo demais o tema dos escudos pode darse por pechado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:48, 13 de decembro de 2010 (UTC)

Pois xa están marcados todos na tabla tamén. Así é máis doado revisar os que faltan. Cando teña un rato voltarei a revisar as notas que me deixaches e o que está no taller de wp:es. Saúdos e ata mañán, --Elisardojm (conversa) 02:28, 13 de decembro de 2010 (UTC)

Enlaces para símbolos[editar a fonte]

Como no modelo de concello hai un apartado para describir os símbolos dos concellos, imos necesitar unha boa lista de referencias porque non é doado atopar os datos de tódolos concellos no DOG. Isto é debido a que non tódolos símbolos dos concellos están actualizados ás normativas da Xunta, son oficiais pero foron definidos na ditadura e os concellos non os adaptaron. Por iso penso que sería ben que poñamos eiquí unha listiña con enlaces para poder atopar doadamente referencias a esta información. Eu aporto agora dous que penso que teñen moita información pero o malo é que tampouco son completos:

Creo que teño outro enlace máis pero teño que buscalo. Eu necesitaba a descrición, coa referencia, do escudo do concello de Abadín que non a dou atopado, a ver si alguén ten máis enlaces deste tipo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:51, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Ese tema xa está bastante trillado en Conversa categoría:Mantemento de imaxes de símbolos de Galicia. Hai unha listaxe moi exhaustiva de concellos cos DOG nos que se aprobaron as bandeiras e os escudos. Esas dúas ligazóns que puxeches son útiles, tamén, para atopar moitos escudos e bandeiras que non son oficiais pero dos que hai outras referencias, como boletíns da Real Academia da Historia ou descricións achegadas por asociacións heráldicas varias. En calquera caso hai que ter en conta, dunha banda, que hai moitísimos concellos sen símbolos oficiais nin extraoficiais, e doutra banda, que a meirande parte dos que os teñen xa contan co brasonamento dos escudos na páxina correspondente de Commons. Ás bandeiras non lles metín o dente, síntoo, pero adoitan figurar referenciadas na mesma fonte que os escudos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:56, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Tes razón ahí hai moita información, vira esa páxina fai tempo pero xa non me lembraba dela está moi ben. Aínda así non dou atopado a descrición do escudo de Abadín, ¿alguén sabe ónde anda?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:25, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Os brasonamentos que eu atopei engadinos en Commons como descrición da imaxe. O de Abadín non me consta, por iso o marquei como Símbolo Non Oficial (cando sexa oficializado ou apareza un DOG coa súa oficialización haberá que trocar ese marcador polo de Símbolo Oficial). Para que o necesitas? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:54, 14 de decembro de 2010 (UTC)

Só era para poñelo no artigo xa que quería rematar tódolos apartados do seguimento deste concello (para ter polo menos un concello rematado en horizontal ;), e para iso quería poñer a sección de Símbolos. Pero si non temos os datos non pasa nada, quito esa sección e xa se fará cando aparezan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:05, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Artigos de alcaldes[editar a fonte]

Estou creando ós poucos os artigos dos alcaldes dos concellos galegos que non existían. Debo aclarar, por aquilo do punto de vista neutral, que deixando aparte certas páxinas como as de listaxes de alcaldes das provincias ou outras polo estilo, baseo o contido dos artigos no que atopo con Google, cinguíndome ós 100 primeiros resultados da búsqueda. De resultas deste método estou reflexando nos artigos todo tipo de negicios turbios, procesos xudiciais e componendas pouco ortodoxas ás que se dedican boa parte dos alcaldes. Resúltame significativo que sobre a maioría dos alcaldes do PP aparece en Google moito material, pero é material deste tipo: denuncias, prevaricacións, acusacións, malas artes en xeral. Sobre os alcaldes do PSdeG e do BNG, aínda dos máis relevantes (poño por caso o de Allariz) é pouca a información que atopo, e por iso os seus artigos saen considerablemente máis delgados. Deixo constancia aquí para que ninguén poida crer que son tendencioso á hora de escoller o contido dos artigos e porque me parece algo digno de mención. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:56, 20 de decembro de 2010 (UTC)

Éche o que hai, así que ó que lle pique... Por outra banda tamén hai que ter tino coas páxinas que saen polo google adiante, que hai moita borralla, habería que cinguirse a páxinas o máis oficiais posible, neste caso penso que a maior parte da información estará nas webs dos periódicos, e ata hai que ter tino según con qué periódicos... --Elisardojm (conversa) 23:23, 20 de decembro de 2010 (UTC)

Datos estatísticos[editar a fonte]

Para os datos estatísticos dos concellos podedes acceder a esta dirección para ter un mundo deles. Si pulsades no botón de Ver ficha accededes ós datos básicos do concello, si pulsades en Información por temas accededes a prácticamente tódalas estatísticas posibles sobre el. É moi interesante esta información, sobre todo para referenciar bastantes datos numéricos que se poñan nos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:00, 21 de decembro de 2010 (UTC)