Conversa Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se a idea do proxecto é proceder a unha revisión de toda a información que na Galipedia hai sobre os concellos de Galicia, co gallo das municipais de 2011, as actuacións sobre parroquias e lugares non teñen sentido, pois son entidades de rango inferior ao municipal, sen estrutura política propia e que non participan en procesos electorais. Hai que ter en conta que en Galicia hai 315 municipios, pero o número de parroquias ascende a varios miles e o de núcleos de poboación a decenas de miles (aproximadamente a metade dos que hai en España están en Galicia). Abarcar todas as parroquias e os lugares, aínda que é necesario, vai moito máis aló do que incumbe a unhas eleccións municipais e supera a nosa capacidade de traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:40, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Loxicamente, non necesitamos que haxa eleccións municipais para facer este traballo. É unicamente un estímulo, e a posibilidade de que o esforzo teña máis visibilidade. Tamén creo que o lóxico é empezar polos concellos e logo, se temos tempo, ir pasando aos outros bloques (por iso os ordeei así concellos > eleccións > parroquias > lugares). Pero tamén creo que en canto nos deamos de conta, os 315 concellos ímolos ter revisados. --Xabier Cid Talk, please 21:51, 19 de outubro de 2010 (UTC)
Eu estou dacordo con Xoacas, preparar os artigos dos concellos de cara ás eleccións será un bo traballo si o facemos cun pouco de xeito (que hai un modelo de concello cun cento de apartados..., e logo cos artigos adicionais que puxo Xabier na páxina de seguimento aínda son máis), e o número de artigos sobre lugares e parroquias é máis que considerable co cal eu penso que casi quedarían mellor para outro proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:33, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Outros detalles[editar a fonte]

Outras cousas que habería que revisar é que tódolos concellos teñen o infobox de concello (isto supoño que xa o teñen todos), que teñen as coordenadas e que teñen o enlace a commons (poñemos isto no modelo?. Por certo, o modelo de artigo de concello está sin crear, ¿qué hai que facer para que se faga?) no apartado de ligazóns externas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:55, 1 de novembro de 2010 (UTC)