Conversa Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sei até que punto esta páxina serve de algo, pois ao non se actualizar ofrece datos que pouco teñen que ver coa realidade e agora. Habería algún xeito de a manter ao día de forma automática? --Atobar (conversa comigo) 08:01, 2 setembro 2009 (UTC)

  • Hai diversas ferramentas que levan conta das edicións de cadaquén. Malia que non son en tempo real xa que non se actualizan ao instante, dan unha idea aproximada. --Toliño Fala aquí comigo 11:48, 2 setembro 2009 (UTC)
  • Si, pero hai algunha delas que liste as edicións dos usuarios todos e non as de cadaquén? Veña, Toliño, xa tes un novo reto por diante. --Atobar (conversa comigo) 12:42, 2 setembro 2009 (UTC)
  • Con un pouco de paciencia, podedes ir vendo aquí un montón de estadísticas; adoitan actualizarse a mediados de mes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:14, 2 setembro 2009 (UTC)


Visto o visto, coido que esta páxina é de borrado. --Atobar (conversa comigo) 12:23, 8 decembro 2009 (UTC)

Páxina interesada?[editar a fonte]

Esta páxina coloca en primeiro lugar a Lmbuga, cousa absurda, ó meu parecer. Pero a un usuario como Xoán de ningures, nin o considera, cando ese usuario chegou a facer 700 edicións nun único día. ¿Que necesidade hai de ter páxinas que lle dean máis valor a uns usuarios e que minusvaloricen a outros? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.77.80 (conversacontribucións) 19:56, 18 de febreiro de 2011

Engánaste, para nada é unha páxina interesada. Simplemente son unhas estatísticas actualizadas automaticamente por un bot que mostran os 100 usuarios que fixeron máis edicións na Galipedia. E debo dicirche que Xan de ningures aparece no posto 32 con 6181 edicións. --Toliño Fala aquí comigo 20:02, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Creo que aparecen algúns bots na listaxe como: CommonsDelinker, CommonsTicker, TjBot, Robbot, 4bot (semi-bot), タチコマ robot, Lancebot, FiriBot, Ginosbot, Kasirbot, BOTijo, Alexbot, NobelBot e StigBot. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 21:55, 1 de agosto de 2012 (UTC)

Iso é porque oficialmente non teñen bandeira de bot. Os motivos son diversos: nunca a solicitaron; a solicitaron e a comunidade non acordou outorgárllela; fan poucas edicións co que non saturan a lista de cambios recentes e non precisan da bandeira, etc. E varios deles están inactivos dende fai tempo.
Con todo, vouno revisar e avisar aos activos con moitas edicións para que pidan a bandeira. --. HombreDHojalata.conversa 08:16, 2 de agosto de 2012 (UTC)
Mesmo hai casos nos que convén que non teñan bandeira e por tanto as súas edicións sexan visibles sempre.
Ver, na lista de cambios recentes, unha actuación de CommonsDelinker, retirando a ligazón a unha imaxe que tiña copyright, pode chamar a atención sobre o artigo e invitar a que se busquen novas imaxes para ilustralo. --. HombreDHojalata.conversa 08:28, 2 de agosto de 2012 (UTC)
Falando do tema, segundo as políticas aprobadas, precísase dunha participación mínima da comunidade para que o sistema funcione. Por exemplo, temos unha votación aberta dende fai un mes, con escasa participación. --. HombreDHojalata.conversa 08:40, 2 de agosto de 2012 (UTC)
Una idea: en es.wiki, donde mi bot también se encarga de actualizar una lista análoga a esta, la «solución» al problema de los bots sin flag ha sido aprovechar la existencia de la plantilla Controlador que lista todos los bots con o sin flag con sus controladores para automatizar la Ficha de bot y otras tareas y consultas; todas las cuentas listadas allí son excluidas de la lista. Si se creara una plantilla análoga aquí, para mí sería muy fácil hacer que el algoritmo para gl.wiki fuese el mismo que para es.wiki. -jem- (conversa) 12:04, 2 de agosto de 2012 (UTC)