Conversa Wikipedia:Elección de administradores

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propoño mudar a ferramenta de contaxe por esta. Ofrece máis información adicional, como páxinas movidas, edicións en cada un dos espazos de nomes (MOdelo, Conversa Usuario, etc). AlberteSi, digame? 16:57, 4 abril 2008 (UTC)

Concordo --Xabier Cid 17:33, 4 abril 2008 (UTC)


En Wikipedia:Elección de administradores#Requisitos para ser presentado á administración:

A frase: " Os usuarios de Wikipedia que cumpran os requisitos anteriores poderán ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o consentimento previo do interesado..."

non sería máis correcta se dixera: "Os usuarios de Wikipedia que cumpran os requisitos seguintes poderán ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o consentimento previo do interesado..."???

Pregunto --. HombreDHojalata.conversa 15:45, 23 de maio de 2010 (UTC)

  • Eu entendo que si. Modifícco e aproveito para quitar un cheísmo e reformular o parágrafo previo. --Atobar (conversa comigo) 16:06, 23 de maio de 2010 (UTC)

Continuación do debate[editar a fonte]

Vou expoñer o que, na miña opinión, poderíamos reformular:

>Requisitos

  • Rebaixar de 3000 a arredor de 1500 edicións mínimas, que abondan para coñecer como é a persoa.
  • Pasar de 8 a 4 meses o tempo mínimo de inscrición no caso de que o usuario teña uns cantos méritos (facer propostas innovadoras, traballar arreo para mellorar a calidade dos artigos, colaborar notablemente nas melloras técnicas, tentar corrixir amablemente aos novos, mediar nalgún conflito, etc).
  • Reducir o tempo dende o último bloqueo dun ano e medio a 8 meses.

>Presentación e valoración de candidaturas

  • En lugar de non contar Nadal, Semana Santa e xullo e agosto, aumentar o período de votación a 30 días.

>Motivos de revogación

  • Reducir a ausencia total na Galipedia a 6 meses e a inactividade como administrador a 9 ou un ano, agás que a propia persoa o anuncie e faga unha estimación do seu regreso, que non podería ser superior a 2 ou 3 anos.


A Galipedia debería ter máis administradores. Inda que non é unha wiki especialmente conflitiva nin se dan moitos vandalismos, hai traballo suficiente como para ocupar algúns máis e así facer máis levadeiro o traballo propio do cargo. Tamén quero facer lembrar que non temos ningún verificador de usuarios.

Saúdos, Pontevedra78·conversa 1 de marzo de 2014 ás 15:55 (UTC)[responder]

  • Ollo, eu estou de acordo con facer máis doada a creación de usuarios, mais tamén a súa revogación. Dito isto, eu penso que o tema dos bloqueos non se debería reducir: un bloqueo é cousa seria. Tampouco trocaría os cambios no período de votación. Sí que estou de acordo coa reducción do tempo para a revogación: un administrador que non administra non é útil. O da estimación do regreso, pois non estou de acordo. Se alguén volve logo de dous anos, pois atopará unha comunidade, uns problemas e demais moi diferentes. --Norrin_strange (Fala-me) 4 de marzo de 2014 ás 08:28 (UTC)[responder]
Actualmente contémplanse os 2 ou 3 anos para a perda dos privilexios. Se ben, como apuntas, poderíase rebaixar, xa que os administradores teñen que ser usuarios que, se ben merecen o seus descansos, deben ter certa actividade. Con respecto aos períodos de votación, eu penso que non se debería "paralizar" o proceso de elección. Non creo que ningún usuario activo, que queira e poida exercer o seu dereito a voto, non entre nun mes por aquí. Pontevedra78·conversa 4 de marzo de 2014 ás 19:38 (UTC)[responder]
Ehem. Pois estou en desacordo. :) Creo que un administrador pode facer pouco ben, pero pode facer moito mal. Sei que isto pode parecer un pensamento negativista... pero é así como o vexo. Hai algunhas funcións que son exclusivas dos administradores: borrar artigos, fusionar artigos, bloquear usuarios... pero agás a de bloquear ningunha representa un problema real de acumulacuón de traballo. A carga de traballo está na edición de artigos, non nos labores de administración. Por iso non creo que deba haber un número moi grande de administradores. Con todo, eses administradores teñen que ser moi fiables, e a maneira de comprobar esa fiabilidade son eses criterios, ademais da propia votación. As desvantaxes de ter un administrador ao que se lle vai a pinza e acaba fóra de control son moito maiores cás vantaxes de ter un administrador máis. --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de marzo de 2014 ás 21:19 (UTC)[responder]
Coincido no que se comenta enriba, eu non modificaría a política.--Sernostri (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 22:29 (UTC)[responder]
Eu tamén estou en desacordo, coincido totalmente con Xabier. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 22:31 (UTC)[responder]