Conversa Wikipedia:Efemérides destacadas/8 de marzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Boas, en canto a imaxe engadida quería dicir unha cousa. O paro internacional comezou hai tres anos, o que é un tempo limitado en comparación co tempo que leva celebrándose o 8 de marzo. Por outra banda hai outra imaxe que podería valer, xa que é galega. Xa estaba incluída nas efemérides xerais do día 8 de marzo, pero inclúoa de novo aquí.

Manifestación nacional Lugo 3M

Saúdos

Maria zaos (conversa) 5 de marzo de 2019 ás 12:57 (UTC)

Por favor, corrixide cando menos a frase que aparece na efeméride, que ademáis vén recollido na entrada Folga feminista do 8 de marzo de 2018. Os paros internacionais comezaron en 2016; o primeiro celebrado un 8 de marzo (aínda con pouco seguimento en España)foi no ano 2017, non no 2018, polo que a información é incorrecta. Cómprería modificar a imaxe ou o seu pé tamén.

Fontes: [1][2][3]

Grazas Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 16:12 (UTC)

Referencias

  • Ola, Maria. Dúas cousas: 1) Certo que sempre que a hai convén ilustrar cunha imaxe galega, pero ao meu ver acae mellor este ca a outra, porque data do 8 de marzo pasado, mentres que a de Lugo é do 3. 2) Entendo que cómpre modificar lixeiramente a frase *2018, ten lugar a primeira Folga feminista internacional do 8 de marzo (na imaxe). Daquela, cal sería a redacción alternativa? --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2019 ás 17:10 (UTC)
Concordo, a foto que indicas é máis indicada, claramente, por coincidir no día, aínda que sexan da mesma celebración. A redacción:

O problema é a data. Tamén o título da entrada en Galipedia, que ao meu entender debía ser xenérica, sen ano, xa que recolle antecedentes, pero iso xa son opinións. O primeiro paro internacional de mulleres, chamado acó Folga feminista polo 8 de marzo (houbo outros noutras datas) foi en 2017, o segundo (o da foto) en 2018. Calquera frase que manteña a coherencia coa sucesión de eventos váleme. Graciñas! --Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 18:47 (UTC)

Opción tres, ligar con Día Internacional da Muller, que a min me parece o máis correcto. --Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 18:47 (UTC)
@Maria zaos: Deixei a primeira opción que indicaches. A ligazón ó día internacional xa está (estaba de antes, aínda que mal formateada) na última entrada xenérica en negra, como se fai noutras efemérides para outros "días internacionais". Sería redundante duplicala nesa entrada de efeméride de 2018. Na cuestión da propia conveniencia da entrada ou na cuestión título máis axeitado para o propio artigo non entro (non o lin, sinceiramente). Banjo tell me 7 de marzo de 2019 ás 18:59 (UTC)
Moitas grazas, @Banjo:, con que os datos sexan correctos cúmprese coa sección. Entendo o da duplicación, non reparara. Sobre a conveniencia, pois non hai tempo material para debatilo, así que xa se verá para outro ano, se cadra. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 19:05 (UTC)
Por certo, creo que fun eu quen a formateou mal, sintoo , @Banjo:.--Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 19:07 (UTC)
@Maria zaos: Non ten dúbida, non te amoles. O que si, ten en conta que este tipo de páxinas que se "incrustan" dentro doutras, o que vaia dentro das etiquetas <noinclude>...</noinclude> non aparecerá na páxina "nai". Banjo tell me 7 de marzo de 2019 ás 19:10 (UTC)
  • Arranxado logo. Grazas, Banjo e Maria Zaos. --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2019 ás 19:37 (UTC)