Conversa Wikipedia:O que é un artigo bo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concordo De facer ese cambio tamén debería facerse o mesmo con Wikipedia:O que é un artigo de calidade, aí podo meter o bot a axudar (en canto o consiga apañar :D) Banjo tell me 27 de outubro de 2015 ás 16:41 (UTC)[responder]
  • A finais desta semana, a non ser que alguén se pronuncie na contra, procederei a movelo (se non me esquece). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 2 de novembro de 2015 ás 10:51 (UTC)[responder]
  • Discordo. O "artigo bo" é unha categoría, chamándolle "O que é un bo artigo" dáse a entender que o resto dos artigos non son bos. Non se pode comparar co nome en inglés, xa que nesta lingua o artigo sempre ten que ir diante do nome, é pola súa propia gramática, ese problema non o temos aquí. Eu non vexo a necesidade de facer ese cambio, e tal e como está segue na liña que temos (artigo de calidade, artigo destacado, artigo bo). Un saúdo. --Piquito (conversa) 4 de novembro de 2015 ás 15:38 (UTC)[responder]
Ok ao de non lle mudar o nome para o formato inglés (Criterios para un bo artigo). Porén, creo que non estamos a falar do mesmo, Piquito. O cambio que propoño (fóra da outra posibilidade, que xa digo que por min queda descartada) é para que, a nivel gramatical, sexa un galego máis correcto: *O que é un artigo bo (talvez tirado polo primeiro editor do nome en pt.wiki) > Que é un artigo bo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 4 de novembro de 2015 ás 16:17 (UTC)[responder]

Boas! Discordo coa inclusión do punto 3, e penso que debería eliminarse tamén dos artigos de calidade. Hai artigos dos que non se pode atopar ningunha imaxe e non por iso deixan de ser grandes artigos, suponse que a calidade dun artigo reside no seu contido e non nas imaxes (hai casos nos que si, claro) explícoo cun exemplo: Toru Takemitsu non ten ningunha imaxe no dominio público e a súa obra tampouco está no mesmo, isto fai que o artigo na Galipedia non poida ter ningunha imaxe (algo que si ten na Wikipedia en inglés, que teñen outra política para as imaxes), o artigo na Galipedia non podería ser bo/de calidade nunca polo feito de non contar con imaxes. Creo que hai que retirar ou modificar este punto para que a carencia de imaxes non se poida converter nun argumento para votar en contra dun artigo bo/de calidade. Un saúdo! --Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2016 ás 21:45 (UTC)[responder]

Eu non o eliminaría, simplemente engadiría, como en wiki.en por exemplo, "se é posible", para que quede claro que, se é posible, deben engadirse imaxes para ilustrar o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2016 ás 00:13 (UTC)[responder]