Conversa:Xosemaría Escrivá de Balaguer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Non vexo como amañar o vandalismo da IP 80.58.205.99 ás 14:51, 5 xuño 2008 [1] que retirou moito contido, pero despoís houbo tamén boas edicións. Alguén pode facer algo ? ElviraConversa comigo 09:10, 2 outubro 2009 (UTC)

Josemaría vs Xosemaría[editar a fonte]

Existe o costume de traducir os nomes de santos, reis, etc. Non habería que trocalo por Xosemaría Escrivá de Balaguer ? Na páxina web do Opus Dei en galego chámano "San Xosemaría" (http://galego.opusdei.org/sec.php?s=863) --Norrin_strange (Fala-me) 11:04, 18 de xuño de 2010 (UTC)

  • Pois igual si que cómpre traducirlle o nome, pero non serei eu quen o faga. Por moito que a Igrexa teña por costume emprender desfeitas santuísticas, esta leva a palma. Dáche por reformar cada artigo, Norrin Strange. --Atobar (conversa comigo) 11:06, 18 de xuño de 2010 (UTC)
    • Home, non sei, e que creei un infobox para santos e demais, e vou aplicalo. Xa comprobei que funciona. --Norrin_strange (Fala-me) 11:20, 18 de xuño de 2010 (UTC)
  • A verdade é que os santos non se citan expresamente en Wikipedia:Convencións_dos_nomes_dos_artigos (a non ser que se inclúan dentro das divindades). Supoño que algúns santos si se poden traducir por haber tradición literaria en galego ó respecto. Pero neste caso eu non o vexo tan claro. --Alberte Si, dígame? 15:09, 18 de xuño de 2010 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo con Alberte; Existe o costume de traducir todos os nomes de reis e algúns nomes de santos, se hai tradición literaria e bibliografía en galego ao respecto. Neste caso a referencia é a páxina web do Opus, non sei se abonda como criterio. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:23, 18 de xuño de 2010 (UTC)

  • Home, tendo en conta que é o seu fundador... O que si sei eu é que, xeralmente, os nomes de santos tradúcense, e así adoitan aparecer nos santorais. --Norrin_strange (Fala-me) 18:32, 18 de xuño de 2010 (UTC)

A referencia de Opuslibros[editar a fonte]

Sendo como é unha páxina contraria ó Opus Dei non sei eu ata que punto é certo o que publica. Web--50.117.56.142 17:25, 7 de abril de 2012 (UTC)

PVN[editar a fonte]

Abro esta sección para discutir e buscar referencias sobre contidos non neutrais. Penso que un bo punto de partida pode ser a Wikipedia en castelán es:Josemaría Escrivá de Balaguer, xa que eles xa tiveron o seu traballándoo. --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xaneiro de 2014 ás 12:16 (UTC)

Non sei onde vedes a falta de neutralidade do artigo. --AMPERIO (conversa) 28 de xaneiro de 2014 ás 17:24 (UTC)
Iso haberá que preguntalo a quen puxo o marcador... --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xaneiro de 2014 ás 17:29 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xosemaría Escrivá de Balaguer. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 15:02 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Xosemaría Escrivá de Balaguer. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 09:39 (UTC)