Conversa:Xosé Filgueira Valverde

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pendente crear un apartado referido á súa obra escrita, tanto poética (neotrobadorismo) como ensaística. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2014 ás 09:16 (UTC)[responder]

Celulosa[editar a fonte]

Suprimín a referencia á instalación da factoría de ENCE durante o mandato de Filgueira como alcalde, xa que non ten citas e non parece ter relevancia no seu perfil científico ou persoal. En canto a trascendencia política desta instalación difícilmente pode defenderse que o alcalde tivera algún papel nunha decisión que de feito xa estaba tomada dende os anos 20, e foi retomada polo INI franquista máis adiante, como pode verse no documentado estudo: "La industria de la madera en Galicia. La significación del subsector del mueble", por Miramontes Carballada, Ángel. --Xtquique (conversa) 14 de xullo de 2014 ás 23:14 (UTC)xtquique[responder]

¿Proclamas a favor do golpe militar?[editar a fonte]

Ná sección da Traxectoria suprimo a frase "Cando se produciu o golpe militar contra a República apoiou os insurxentes con proclamas na radio". Esta frase ou se apoia nunha referencia concreta e fiable ou non é máis que unha calumnia. Do franquismo/fascismo de Filgueira dixéronse moitas cousas falsas e non documentadas que, a base de repetir unha e outra vez, parecen ser palabra de Deus. Como a afirmación é suficientemente relevante creo que é mellor borrala directamente -ata que se acheguen referencias- que limitarme a poñerlle un "Compre referencia". Pedro --Lameiro (conversa) 19 de xullo de 2014 ás 22:25 (UTC)[responder]

  • Moi interesante o artigo de XL Franco Grande na Voz de Galicia de hoxe (21.07.2014) sobre as falsas acusacións a Filgueira. Resumindo, vén dicir que
"Filgueira foi elixido polo terzo familiar, non nomeado polo réxime: obtivo 107.766 votos dun total de 172.205 votantes"
"...negouse sempre a facer o saúdo fascista" (e lembra unha fotografía do 20.11.1961, na Alameda de Pontevedra, conmemorando o Día dos Caídos, na que tódalas autoridades locais están co brazo en alto menos Filgueira e Cándido Conde-Pumpido, nese momento, Filgueira era alcalde).
"Nunca comuxo poemas de gabanza de Franco ou das forzas do réxime ... nin arengou ás masas desde o balcón do Goberno Civil...".
en 1970 pronunciou un discurso nas Cortes en favor do ensino en galego e pediu -e conseguiu- que se aprobase unha norma que posibilitou o ensino en galego. En 1970, moito antes da Constitución.
insisto, o artigo está asinado por Xosé Luís Franco Grande, cuxa ideoloxía é ben coñecida por todos e non parece sospeitoso de haber sido dereitoso nunca. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de xullo de 2014 ás 22:32 (UTC)[responder]

Diga o que diga Lucio Martínez Pereda, cuxa opinión engade Atobar, insisto no expresado por Franco Grande na Voz de Galicia e que menciono ó principio desta sección: "Filgueira foi elixido polo terzo familiar, non nomeado polo réxime: obtivo 107.766 votos dun total de 172.205 votantes". É absurdo, xa que logo, dicir que foi nomeado procurador nas Cortes franquistas como premio por ser colaboracionista. E engadir logo que foi unha "persoa astuta que tivo o poder suficiente para eliminar probas sobre a súa importantísima colaboración coa ditadura franquista" xa é o colmo do argumento absurdo: se houbese probas, poderíamos acreditar que foi un colaboracionista; como non as hai, é porque as borrou, e esa manobra de despiste tamén proba que foi un colaboracionista. É dicir, que se sae con barbas, San Antón; e se non, a Purísima Concepción. Desagrádame que se engadan estas citas e non as que afirman o contrario. Iso non é obxectividade, Alejandro. Pedro --Lameiro (conversa) 3 de marzo de 2015 ás 19:24 (UTC)[responder]

  • Aínda máis, se ben isto é algo que me contaron hai tempo e non o podo referenciar: grazas a Filgueira salvouse a biblioteca e o arquivo de Castelao (textos seus e moitos debuxos). Filgueira chegou cando os nacionais estaban "limpando" o piso no que vivía Castelao, na rúa da Oliva (Pontevedra), e atopouse con todo ciscado na rúa, previsiblemente con destino a ser pasto dunha unha fogueira exemplarizante. Conseguiu que todo o material fose declarado Patrimonio Nacional e recolleuno todo, para ingresalo na Biblioteca Provincial e, anos despois, no Museo de Pontevedra, no que Castelao tanto soñou. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de xullo de 2014 ás 22:40 (UTC)[responder]
Pedro, a min simplemente me cadrou de ler a entrevista e, por se o entrevistado historiador e estar o libro sobre o franquismo publicado na colección de ensaio de Xerais, entendo que a súa é unha opinión interesante e dous por sentado que fundamentada. Verás que non incluín, con todo, esa súa opinión (non é outra cousa) máis ca como unha nota ao pé para referenciar onde se di que é polémica. Eu non coñezo ben o tema; dende logo, ben menos ca ti, pero non por iso vexo, en principio, que non deba quedar constancia do parecer deste home. --Atobar (conversa comigo) 4 de marzo de 2015 ás 11:12 (UTC)[responder]

Corrección[editar a fonte]

Non é certo que Ferro Ruibal pronunciase o discurso de presentación da candidatura de Filgueira, aínda que seguro que a apoiou xa que só di cousas boas del. Desde hai moitos anos. En calquera caso, este feito (pronunciar ou non o discurso) non ten relevancia ningunha, porque calquera académico pode pedi-la palabra no debate previo ás votacións para falar da calidade da obra de calquera dos candidatos propostos. E iso é o importante, que o que se debate, compara e vota son obras, non biografías. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de xullo de 2014 ás 22:15 (UTC)[responder]

Sobre si é correcta ou non: tireina deste artigo: "A Ferro Ruibal débese o discurso de presentación do candidato gañador no plenario no que se elixiu o nome que será homenaxeado no Día das Letras Galegas". --. HombreDHojalata.conversa 22 de xullo de 2014 ás 06:38 (UTC)[responder]

Artigo principal?[editar a fonte]

Realmente é necesario o artigo principal Lista de obras de Xosé Filgueira Valverde? Se xa ten unha listaxe das obras creo que sobra, ou eliminamos o artigo principal ou eliminamos a listaxe. Piquito (conversa) 22 de abril de 2015 ás 21:28 (UTC)[responder]

Estatísticas[editar a fonte]

Wikipedia article traffic statistics (nos últimos 90 días). --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2015 ás 11:47 (UTC)[responder]

2 653 visitas o día 6. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2015 ás 08:47 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Xosé Filgueira Valverde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 15:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xosé Filgueira Valverde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 19:47 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 7 ligazóns externas en Xosé Filgueira Valverde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 09:51 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xosé Filgueira Valverde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2018 ás 05:01 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de setembro de 2019 ás 20:10 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 12 ligazóns externas en Xosé Filgueira Valverde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de outubro de 2019 ás 00:43 (UTC)[responder]