Saltar ao contido

Conversa:Santiago de Compostela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Olá, se nom vos importa para a discussom suponho que nom há problema se emprego esta outra grafia (nom para a página da Wiki). Só dizer que o de "Campus Stellae" nom é já admissível nestas alturas, para além de ser um disparate etimológico. A etimologia mais provável é "Composita Tella", «terras bem ajeitadas», eufemismo por cemitério.


Os artigos deberian reflectar soamente datos obxectivos. Neste artigo hay algunas cousas subxectivas:

1) "Santiago é a cidade máis representativa de Galicia". Isto é totalmente subxectivo. Na miña opinión non é así xa que nen sequera é porto de mar, primera fonte de recursos para Galicia. Si existise una "cidade máis representativa de Galicia" sen dúbida debería ter certa relación co mar.

  • Hoxe mesmo, LA Voz de Galicia publica que El 85% de los visitantes de Galicia recalan, en algún momento, en Santiago. Esta abrumadora maioría de visitantes ¿non lle dá a Santiago unha representatividade, unha relevancia, que non ten ningunha outra cidade de Galicia? ¿Que significa, falando de cidades, ser "representativa"? Se Santiago de Compostela non "representa", con creces, a Galicia, que veña deus e o vexa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:01, 25 xullo 2008 (UTC)

2) "Santiago constitúe a capital cultural de Galicia". Non existe o término obxectivo "capital cultural". As capitales son políticas. A Santiago non se lle nega "Importancia cultural, máis en ningún caso é capital cultural de Galicia.

  • Estou totalmente de acordo, capital cultural, cidade representativa son termos que non ten reflexo en ningunha disposición legal, xurídica ou de calquera outro tipo. --Arco de Rayne 09:22, 23 marzo 2008 (UTC)
  • Pois eu discordo, no fondo e na forma. A galipedia non se pode limitar ás acepcións reflictidas en disposicións legais ou xurídicas (non sei que entendes por "de calquera outro tipo"). O feito de que ningún texto legal lle dea a Santiago o título de "capital cultural" non abonda para impedi-lo seu uso. E baséome -non xa na lóxica, que sería moi discutible- senón no DRAG, que dá, como 1ª acepción de "capital" o significado de "Qué de moita importanbcia ou o máis importante". Si, dáo como adxectivo (=básico, crucial, decisivo, esencial,...) pero para min perfectamente aplicable a "Capital cultural" de Galicia (como o aplicaría a Vigo no caso de falar de "capital industrial", por exemplo). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:53, 25 xullo 2008 (UTC)

Hola, supoño que sodes persoas informadas, supoño que saberedes que a RAG dictamiñou á Xunta de Galicia a utilizar unicamente o topónimo Galicia, por que Galiza non é oficial, e lexítimo e histórico, sí, pero non oficial, se ninguén se opón en duas semanas cambiareino, entendede que non o fago por política nen nada polo estilo, só quero que a galipedia sexa obxetiva e realista, e que non se amolde as ideas de ninguén. --Percebe 13:02, 25 xullo 2008 (UTC)

  • Que sexa oficial quere dicir que nos documentos oficiais ten que figurar Galicia, non quere dicir que na Galipedia non se poda empregar Galiza, xa que como ti dis está recoñecida como forma lexítima.--Arco de Rayne 13:40, 25 xullo 2008 (UTC)

Foto da ficha

[editar a fonte]

Saúdos. Carguei varias imaxes da cidade sacadas dende a noria que se instala na Carballeira de Santa Susana na Ascensión. Creo que quedarían ben na imaxe da ficha (noutras vilas tamén adoita a ser unha panorámica), no canto da Catedral, que conta con outras tres imaxes no artigo, pero ao ser a da cabeceira prefiro antes comentalo para que deades a vosa opinión. Hai catro que poderían estar ben, dúas da da zona vella 1 e 2, outra da nova, e outra de onde remata unha e comenza a outra (quizáis a mellor, porque nela vese parte da Alameda, a praza de Galicia, o Seminario Menor e a Cidade da Cultura). --Iago 23:32, 5 febreiro 2009 (UTC)

Concordo --Xabier Cid Conversa 00:51, 6 febreiro 2009 (UTC)

Interwiki errada

[editar a fonte]

A primeira das interwikis, que se supón que leva á es:wp (logo hai outra que si que leva), conduce realmente ó modelo Clima da es:wp. Tras moito investigar sigo sen saber por que. A ver se alguén máis espilido ca min sabe amañalo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:23, 11 de decembro de 2010 (UTC)

  • Na sección Clima hai un cadro coa climatoloxía de Santiago, cadro que comeza cun "Infobox Weather" que debe estar relacionado con esa iw errada que dis. Non sei, supoño, digo eu. Pedro --Lameiro (conversa) 23:32, 11 de decembro de 2010 (UTC)
Si, había un problemiña co modelo Weather, creo que xa o amañei, espero que quedara ben. Polo menos xa non sae ese interwiki chungo... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:11, 12 de decembro de 2010 (UTC)

Poboación

[editar a fonte]

Boas! Non sei se vos parece importante, mais penso que podería estar ben poñer algunha reseña no apartado de Poboación que faga referencia á poboación flotante (especialmente o aumento de poboación motivado polos estudantes universitario), xa que penso que é considerable e a ter en conta. Sabedes onde se pode conseguir esta información? Moitas grazas, Piquito (conversa) 10:18, 7 de setembro de 2012 (UTC)

Atopei este artigo do ano 2008 de La Voz de Galicia cuns datos estimados. JonnyJonny (conversa) 13:45, 7 de setembro de 2012 (UTC)

Country?

[editar a fonte]

Searching throughout this article for an answer to "What country is Santiago de Compostela in?" a person would not be able to find the answer. 2001:558:6033:1A0:2110:3C43:1F85:403E 8 de setembro de 2014 ás 01:39 (UTC)[responder]

  • I think that is a redundant information. This page is made according (more or less) to a model for every galician municipality. At the beginning of the article you can read Santiago de Compostela constitúe a capital política de Galicia (Santiago de Compostela is the political capital city of Galicia). You have a link to the article Galicia where you can read that Galicia is an autonomous community into the spanish state. Taking in account that this is the wikipedia in the galician language, a language spoken mainly, and nearly exclusively, in Galicia, it is suposed galicican wikipedia readers have some notion of this land and it would be a redundant information to say for every galician municipality that is in Spain. Anyway, if you read carefully the article you´ll read some references to Spain all along the article that implies as a consecuence the fact of Santiago de Compostela is in Spain. Kind regards, --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de setembro de 2014 ás 20:35 (UTC)[responder]

Probábel novo alcalde

[editar a fonte]

Penso que non deberiamos poñer o nome do (presumíbel) novo alcalde ata o momento da elección que, creo, é o 13 de xuño. Non é tanto tempo e ademais estamos a dar información errónea. Oficialmente é alcalde en funcións o que estaba ata agora. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de xuño de 2015 ás 19:59 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Tes razón, polo momento o alcalde está en funcións, cando se cambie oficialmente será o momento de actualizar o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2015 ás 20:14 (UTC)[responder]

Dise no artigo que "a cidade foi destruída por Almanzor o 10 de agosto do ano 997 quen tan só respectou o sartego do apóstolo". Isto de que respectara o sartego é pura lenda. Moi bonita e que vén como anel ó dedo ó cabildo, pero lenda ó fin e ó cabo. Pedro --Lameiro (conversa) 10 de agosto de 2015 ás 15:03 (UTC)[responder]

  • No artigo Almanzor xa o damos como lenda e afirmamos que "incendiou e destruíu a catedral e o sepulcro do Apóstolo". Engadimos a explicación que xa deu Chamoso Lamas en 1976: "La falsedad de esta noticia se hizo evidente al explorar en 1950 la cámara sepulcral y hallar reducidos a pequeñísimos fragmentos los pórfidos alejandrinos de época romana que la revestían, e igualmente, bien a la vista se halla aún hoy la huella de la calcinación en los sillares romanos de la fachada de la cripta que contiene dicha cámara, probando que ésta, como el resto del templo, fue incendiada". Pedro --Lameiro (conversa) 10 de agosto de 2015 ás 15:09 (UTC)[responder]
Lameiro, indiquei que esa parte é segundo a lenda popular e acheguei a referencia do libro de Chamoso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de agosto de 2015 ás 23:10 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 17:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 03:12 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de setembro de 2018 ás 00:55 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)

[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 23:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 23:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de decembro de 2019 ás 14:50 (UTC)[responder]