Conversa:Salmo trutta

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Troita (común) ou reo?[editar a fonte]

Segundo a miña modesta opinión, en Galicia distinguimos moi ben entre a troita, habitante dos ríos (e lagos), que é Salmo trutta fario, do reo, peixe mariño que remonta os ríos (como fai o salmón) e que é Salmo trutta trutta, ambas as dúas subespecies (ou formas, segundo os autores) de Salmo trutta. Creo que habería que clarificar isto, para o que, de momento, estou a reeditar o artigo troita (que é, para nós, a verdadeira troita común). Ver troita e reo no dicionario da RAG. --XoioÉche o que hai 30 de agosto de 2014 ás 18:30 (UTC)[responder]