República Independente de Donís
República Independente de Donís | ||||
| ||||
Capital | Donís | |||
Lingua | galego | |||
Goberno | República | |||
Historia | ||||
• Establecido | 1873 |
A República Independente de Donís foi un estado independente declarado o ano 1873 na localidade galega de Donís, na serra dos Ancares. Perdurou só uns días, até a chegada da Garda Civil.[1]
Contexto[editar | editar a fonte]
Nos anos 60 do século XIX o Reino de España sofreu unha importante crise económica e política que levou á Revolución de 1868. Isto supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o comezo do chamado Sexenio Democrático (1868-1874), durante o cal acabou proclamándose a Primeira República Española o 11 de febreiro de 1873.
Donís, pola súa banda, era un dos pobos máis historicamente reivindicativos da zona cervantega.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
No ano 1873, cando o alguacil de Cervantes, Francisco Trabado Ponte, en calidade de axente executivo, quixo levar a cabo a cobranza da contribución, a cal xa tiña que ter executado, os veciños negáronse por considerárena excesiva. Perante as súas ameazas, prendérono na capela e proclamaron a República Independente de Donís. Esta condición foi efémera, pois a Garda Civil puxo fin á rebelión tan só uns días despois.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia de Cervantes: "Cervantes foi un feudo do republicanismo"". Entrelinguas. febreiro de 2020.
- ↑ Moure, Xabier (xaneiro de 2011). "Historias, tradicións e lendas do concello de Cervantes". Colectivo Patrimonio dos Ancares.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]