Conversa:Pedro Froilaz de Traba

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Preguntas:

  • Froilaz ou Fróilaz?
  • Pero ou Pedro?
  • Traba ou Trava?
  • En "A Gran Hª de Galicia nº9", Mª del Carmen Pallares e Ermelindo Portela Silva utilizan Pedro Fróilaz de Traba.
  • En [1], Isabel Beceiro Pita utiliza Pero Froilaz de Traba.

Tentarei buscar máis fontes. Lansbricae (Ti dirás) 20:50, 12 novembro 2007 (UTC)

Cando comecei o artigo, puxenlle este nome porque en todos os documentos citados no libro de López Sangil o nome co que asinaba era Petrus Froilaz de Trava. Evidentemente isto é unha latinización e é case seguro que o nome que el usaba era Pero (ou seus fillos todos levan o patronímico Pérez). A tendenza nestes caso varia, na maioría dos caso hoxe ponse Pedro, pero tamén está Pero da Ponte e algun outro. O de Trava si que non ten discusión, ainda que o nome dos lugares hoxe se grafe con b o nome desta persoa era Trava con v e os nomes de persoas non se cambian. Do de Fróilaz non teño nin idea, a grafia orixinal con z suxire que era aguda, pero todo pode ser.

--emilio juanatey(talk) 17:03, 13 novembro 2007 (UTC)

Fróilaz[editar a fonte]

Eu acho que mais provavelmente seja FRÓILAZ, ou seja, com o /o/ tónico. Mais que nada, porque deriva do nome próprio Froila[n], e poisteriormente deu o antropónimo FROIZ/FROIS. Se a vogal tónica fora o /a/, provavelmente ainda hoje se conservaria como tal, já que a tonicidade do /a/ evitaria a queda do /l/.

Cumpre lembrar, ademais, que na Idade Média não estava estendido o uso da acentuação. Portanto, apelidos como "Pérez"/"Peres" costumavam escrever-se "Perez" e "Rodríguez/Rodrigues" como "Rodriguez", sem que se trate de apelidos agudos, mas graves.

--213.60.66.126 10:11, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Penso que cómpre achegar fontes que acrediten o emprego de Pedro Froilaz en textos galegos. O especialista Henrique Monteagudo, no seu capítulo Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa grafa o nome desta persoa como Pedro Froylaz de Traba na obra coral O século de Xelmírez. De non haber referencias galegas de Froilaz, aconsellaría mudalo a Froylaz.--Isili0n (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 10:53 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2019 ás 08:23 (UTC)[responder]