Conversa:Parto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O nome do artigo non concorda co contido, chámase parto mais fala do parto humano--. HombreDHojalata.conversa 22:26, 31 de agosto de 2011 (UTC)

  • A Galipedia está inzada deste tipo de artigos antropocéntricos, que describen a anatomía, fisioloxía, saúde, alimentación, etc, etc. desde o punto de vista do ser humano. Véxase corazón, cerebro, pulmón e tantos outros. Nalgún caso cítanse aspectos dese mesmo concepto nos animais, pero son as excepcións que confirman a regla. Loitar contra esta visión parcial da vida é unha batalla perdida. É un ¿problema? común ós dicionarios e enciclopedias en papel. Pedro --Lameiro (conversa) 23:05, 31 de agosto de 2011 (UTC)
  • Eu non caera nisto até agora que o comentas, Pedro. Non creo que sexa unha batalla perdida de antemán. De feito, penso que gl.wiki é dos poucos casos onde este tipo de 'problemas' os damos neutralizado e reformulado cunha visión bastante avanzada, e de xénero cando cumpre (véxase todo o feito polo usuario Xoacas con respecto á sexualidade; dous exemplo son as imaxes ilustrativas dos cabezallos de sexo e de coito, que amosan opcións distintas das reinantes). O caso é poñerse. Onde eu vexo o problema é no traballiño, que damos para o que damos. --Atobar (conversa comigo) 23:18, 31 de agosto de 2011 (UTC)
  • Pois eu neste caso concreto véxolle unha solución ben sinxela, mover o artigo ó seu nome correcto: Parto humano. Alguén discorda?--. HombreDHojalata.conversa 09:30, 1 de setembro de 2011 (UTC)
Adiante. --Atobar (conversa comigo) 09:46, 1 de setembro de 2011 (UTC)
Eu discordo. A decisión de poñerlle o adxectivo "humano" obriga, por coherencia, a face-lo mesmo nos outros casos e ¿quen vai te-la santa paciencia de facelo? Non podemos tratar de xeito diferente o artigo parto que os demais artigos. Segundo, abri-la porta a un hipotético artigo parto animal é un sinsentido: ¿non somos tamén animais os humanos? E, sobre todo, que non se me ocorre qué contido particular podería ter ese artigo parto animal. Vamos, que un parto é un parto en todo caso e o parto das femias animais non humanas non se diferencia do parto das femias humanas máis que na atención médica, non no proceso fisiolóxico (fóra alma e fe, por suposto). Se alguén ten algunha particularidade que engadir sobre outros partos, pode facelo nunha sección, que non hai moito máis que dicir como para encher un artigo propio de dimensións mínimas. Pedro --Lameiro (conversa) 17:00, 1 de setembro de 2011 (UTC)
Ninguén falou dun artigo Parto animal!, quedarían dous artigos, este, como parto humano, e outro que se fixera nun futuro como parto a secas. E dicir, os títulos concordando con contidos. Sobre outros artigos e outros temas ... non sei, agora estabamos falando deste. O que está claro, se se lee o artigo, é que dende as tres primeiras palabras ata a última frase (imaxes incluídas) non está a falar do parto, está a falar do parto humano.--. HombreDHojalata.conversa 18:55, 1 de setembro de 2011 (UTC)
Se non pensas nun parto animal digo o mesmo que antes pero referido a ese hipotético parto ¿Que se pode dicir en parto que non cadre no tamén en parto humano? Segunda obxección: "agora estamos falando deste (artigo)". Non podo compartir esa visión tan compartimentada da Galipedia. Falamos dun criterio de estilo que, se se aplica neste caso, tense que aplicar nos paralelos. Senta -debería sentar- precedentes. Terceira: si que se está a falar do parto. O parto humano é un parto. (E esta unha discusión sobre o sexo dos anxos, creo). Pedro --Lameiro (conversa) 19:04, 1 de setembro de 2011 (UTC)

Que é "borramento"? Aparece na introdución cando se fala das fases do parto. Nunca oín tal termo, pero tampouco son moi entendido en partos.--Miguelferig 20:43, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

*Borramiento, según esta web é El borramiento, también llamado acortamiento del cuello del útero, es uno de los parámetros que se tiene en cuenta para reconocer si se ha iniciado el trabajo de parto.. O que non atopo, nin no VolGa nin no Gran Xerais, é a forma borramento, pero *borramiento tampouco está no dicionario da RAE así que..., penso que é un termo demasiado específico como para que apareza nos dicionarios normais, non sei o que se fai nestes casos, a ver se alguén con máis datos pode achegar máis detalles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:01, 7 de febreiro de 2012 (UTC)