Saltar ao contido

Conversa:Panceltismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Este tipo de artigos hainos que redactar ben ou mellor non facelo. Deixo caer as definicións segundo IrIndo, aínda que cómpre ter presente que non é este o galizionario, é dicir, que de querer manter o artigo ten que ser con outros contigos moito máis elaborados ca unha simple definición. En calquera caso, Celtismo é: 1. Coñecemento e estudo da lingua, da literatura e da cultura celta. 2 LING Teoría lingüística que afirma que moitas das linguas modernas proveñen de linguas célticas. 3 LING Palabra ou xiro propios das linguas célticas que pasou a outras linguas que estaban en contacto. 4 HIST Movemento político, social e cultural que defende a pervivencia dunha cultura ou “espírito” celta en diferentes comunidades etnonacionais e/ou relixiosas do mundo. --Atobar (conversa comigo) 18:38, 30 setembro 2009 (UTC)

Celtismo, na lingua galega, como o esplica Atobar arriba pode ser un artigo de dicionario e editalo no Galizionario. Agora ben o concepto celtismo para unha enciclopedia (niste caso a Galipedia) é outra cousa, muito m&ais delicada e que abarca varios conocementos sobre historia, relixiónn, historiografía, sociedade contemporanéa, neopaganismo. Non sei si o uso desa palabra necesita información na Galipedia todos campos que citei, por carecer de fontes acreditadas que usen esa palabra como concepto. Tampouco sei si, esplicandoo na cabeceira podense pór varios temas no mismo artigo, ou en varios artigos. Por outra banda, debese ter en conta que nas outras linguas, nalgúns casos a palabra traducida literalmente, non di exatamente a misma cousa. Un artigo celtismo resulta mui dificil ; ver o artigo es:celtismo e logo estudar un pouco os interwikis, por exemplo o que vai a WPen en:Celtic Reconstructionist Paganism e logo ver co artigo en inglés non volve o seu interwiki ao artigo en castelán. Digo esto para esplicar a dificultade. Polo de momento o artigo tal que está hoxe non pode quedar asi porque non se vé para donde vai. Xa habria que retirar "O Celtismo ou panceltismo" que leva moita confusión (por exemplo, cando Ramón Villares fala do celtismo, non se pode decir que fala de panceltismo). Eu non sei o suficiente do tema e tampouco teño fontes acreditadas para mellorar o artigo. Concordo a 100% con Atobar : Este tipo de artigos hainos que redactar ben ou mellor non facelo. ElviraConversa comigo 09:23, 1 outubro 2009 (UTC)
Penso que é evidente que celtismo e panceltismo non son sinónimos, todo panceltismo é celtismo pero non todo celtismo é panceltismo. É claro polo prefixo pan- que indica todo, o panceltismo non pon en valor a identidade celta dun territorio, senón que actúa sobre todos os territorios considerados celtas, así Pondal é panceltista no sentido literario por construír un mundo literario que identificaba Galicia co resto dos territorios celtas [1]. Para ilustrar que non todo celtismo é panceltismo, é moi coñecida a desputa que houbo no seo de Conradh na Gaeilge (A Liga Gaélica) entre panceltistas e antipanceltistas a comezos do século XX, e non se pode negar que a Liga era celtista, no sentido de pór en valor a identidade celta de Irlanda.--RNC 16:46, 1 outubro 2009 (UTC)

Non si se non sería mellor fundir estes dous artigos, por agora non teñen entidade para estaren separados. emilio juanatey(talk) 19:01, 2 outubro 2009 (UTC)

estou de acordo; non o fixen pra deixar que calmasen algo as augas...--Xabier Cid Conversa 19:45, 2 outubro 2009 (UTC)