Conversa:Pablo Álvarez Núñez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Con todos os meus respetos... Desde cando é "Paulo" Álvarez??? Nas súas camisolas, na prensa escrita, etc. aparece "Pablo". Por que se lle muda o nome? Insisto no comentado na páxina de conversa do artigo da Selección galega Conversa:Selección de fútbol de Galicia--81.39.102.157 07:25, 29 setembro 2009 (UTC)

Ola, 81.39.102.157. Vou resumir algúns puntos a ter en conta:

  • efectivamente, os cambios hai que referencialos
  • é complexo medir exactamente cal é a referencia máis utilizada. En todo caso, e dado que as dúas existen e se usan, de forma común e por medios en galego, hai que manter as dúas.
  • entón o dilema é saber se Paulo é unha redirección de Pablo ou Pablo unha redirección de Paulo.
  • por canto normalmente se debe respectar a decisión do primeiro que chega (ese é o costume da wiki galega), a forma que se adoptou primeiro foi Paulo.
  • se queda claro que Pablo Álvarez é a forma maioritaria en galego e a outra a minoritaria, achegando estas referencias e explicándoo, débese mudar a redirección
  • en todo caso, na wikipedia galega rexémonos polo nome co que é coñecido, e non polo nome que conste no carné, que vai saber cal é. Por iso tanto Pablo Álvarez como Paulo Álvarez son títulos correctos, pero non o é o título que incluía o segundo apelido. --Xabier Cid Conversa 12:55, 29 setembro 2009 (UTC)

Home eu penso que son moito máis abondosas as referencias en galego e noutras linguas co nome de Pablo. Ademáis en todas as fichas oficiais (LFP, etc.) aparece Pablo, nas camisolas do xogador (e eu véxoo cada xornada de Liga en Riazor) aparece tamén a forma castelanizada... A primeria forma desta entrada estaba mal por incluir o 2º apelido, mais a 1ª forma do nome utilizada non era "Paulo" senón "Pablo" como se pode comprobar acudindo ao historial e vendo a 1ª edición. Por tanto o lóxico é que sexa a forma de Paulo a que redirixa a Pablo e non ao revés pois esa é a forma máis comunmente extendida en galego e a que utiliza o propio xogador (en caso contrario sería un pouco extraño que despois de tanto tempo non mandase mudar o seu nome das camisolas do Dépor).--81.39.102.157 13:17, 29 setembro 2009 (UTC)

  • Ola, ip. Pois xa ves que con diálogo nada é inamovíbel e con referencias todo vai moito mellor. Lido o que dicides, parece lóxico que sexa Paulo o que redireccione cara a Pablo, malia que tampouco vexo gran problema en deixalo estar, pois como di Xabier, sería respectar a primeira opción do editor. Sexa como for, por min que quede Pablo como primeira e Paulo como redirección. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:59, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Revisei o historial e semella ser unha tradución da versión do 6 de marzo de 2009 do artigo da Wikipedia en castelán, sobre iso cómpre dicir que non é a Wikipedia en castelán quen determina o formato, a estrutura ou as regras con respecto aos artigos da Wikipedia en galego; neste caso o título do artigo ou por exemplo a utilización das bandeiras. Nese sentido aínda que supoño que Xabier Cid igual se refería a outra páxina anterior, a súa foi a primeira elección válida. Pasando ao tema do título, semella que existen ambalas formas do nome, 81.39.102.157 mirei as referencias que pos, con respecto á mención a Mendéz Ferrín non vexo a analoxía a non ser que pretenda dicir que as mencións en galego son casos illados como eses exemplos (sobre o primeiro de Vieiros é ben sabido que as papeletas das eleccións recollen o nome tal e como está rexistrado no DNI, e a de El País se é unha nota da policía ten a mesma explicación). Sobre as referencias ao xogador vexolle máis importancia a comprobar o que din os medios galegos ou que escriben en galego que aos outros, e aí parece que hai opcións diversas. Creo que como se dixo noutra páxina sería importante seguir investigando, entre outras comprobacións ver que nome se usa habitualmente na Radio Galega e na Televisión de Galicia, antes de tomar unha decisión definitiva. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:23, 29 setembro 2009 (UTC)
Efectiviuonder, a referencia a Méndez Ferrín (e á wikipedia en castelán) era só unha analoxía para tentar facer ver que as "traducción de nomes" son casos illados, por moito que no seu carné poña "José" Luis está claro que é Xosé Luis sexa na wikipedia en galego, en castelán ou en chino mandarín.--81.39.102.157 15:42, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Cando se di prensa, é importante saber se é a prensa en castelán ou en galego, ese é un detalle importante, en A Nosa Terra si se refiren a el, cando menos ás veces, como Paulo Álvarez, aínda así neste caso eu inclinaríame máis por Pablo, é o nome que utiliza el e a maioría da prensa en galego: Galicia Hoxe [1], Vieiros [2], Galiciaé [3].--RNC 14:26, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Na miña opinión, se el na camisola pon Pablo Álvarez, nós non somos quen para galeguizalo.--Rosamf 19:59, 9 febreiro 2010 (UTC)
    • Polo que dicides, parece lóxico que sexa Pablo e non Paulo. --Atobar (conversa comigo) 20:01, 9 febreiro 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pablo Álvarez Núñez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 22:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Pablo Álvarez Núñez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 11:58 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Pablo Álvarez Núñez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2019 ás 05:15 (UTC)[responder]