Conversa:Moncho Reboiras

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Punto de vista neutral[editar a fonte]

O artigo non respeta o principio da Galipedia dun punto de vista neutral, con expresións como: "[...] onde coñecerá a explotación capitalista[...]" ou "Aproveita para estudar a fondo os mecanismos empregados pola clase patronal, e a forma de combater a súa opresión". Por este tipo de expresións nun artigo que pretende ser enciclopédico deixa moito que desexar, cando menos se non se citan fontes fiábeis. Espero que se cambien estas expresión, xa que cambiarías por eu mesmo, pero non sei mais de Reboiras do que pon neste artigo.--Ric delg, Falemos - 23:34, 7 febreiro 2008 (UTC)

Loita armada[editar a fonte]

O termo loita armada non me parece demasiado neutral. Creo que "Uso da violencia" ou "accións violentas" podería ser máis xustificado. Dado que só se menciona no epígrafe o atraco un banco e logo a morte, tamén se podía substituír ese tituliño complexo por "Morte". --Xabier Cid Conversa 19:50, 23 novembro 2008 (UTC)

  • Tratei de neutralizo respectando a redacción (que tiña bastante de panexírico). --Atobar (conversa comigo) 21:28, 18 de setembro de 2011 (UTC)