Conversa:Meiga (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rapante, rapapelos, rapaconas, rapacús[editar a fonte]

Lameiro, a meiga tamén se chama rapapelos, rapaconas e rapacús? No DRAG non dan eses sinónimos, e de rapaconas di que hai varias especies e que ten de sinónimos "rapacús, rapapelos, rascón, tapaconas, tapacús, tapadeira", pero non meiga nin rapante... É que non coñezo o peixe rapaconas... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 09:42 (UTC)[responder]

Para esta sinonimia tan enxebre hai que acudir ó Dicionario de Dicionarios. Os distintos autores dan para meiga os significados de tres peixes:

  • Arnoglossus laterna, que é o noso rapapelos [por certo, haberá que mover o artigo co nome científico á entrada co nome común],
  • Lepidorhombus boscii, o que chamamos rapante pintado (e meiga e rapante). A Resolución de denominacións comerciais de especies pesqueiras dálle o nome galego de rapante de manchas (e gallo en castelán).
  • Lepidorhombus whiffiagonis, para nós rapante (sen apelidos) ou meiga; tamén para e mesma Resolución (e gallo del norte en castelán).

Pero se buscades no DdD rapante, rapapelos, rapaconas ou rapacús, veredes que seguen a xogar coa sinonimia para as mesmas tres especies, coa única excepción de rapaconas, que só ven como estrelamar. É dicir, que meiga, rapante, rapapelos e rapacús son nomes comúns que designan os tres peixes. Moi confuso, si, pero así son as cousas. E non é inusual.

Moi interesante é a etimoloxía deste grupo de voces, que podedes ler na entrada rascôna [con acento circunflexo), da man de Antón Santamarina. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 20:23 (UTC)[responder]

Vale, movín o rapapelos, moitas grazas por explicalo todo. Tamén vin o de rascôna, é unha boa historia :D Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 23:30 (UTC)[responder]

Conviña incluíla nestes homónimos cun apartado novo? Mitoloxía ou similar? --Atobar (conversa comigo) 26 de xaneiro de 2018 ás 09:47 (UTC)[responder]

Xa hai un apartado de esoterismo, podería meterse aí. E agora que o vexo, non habería que quitar o de bruxa? Porque realmente non é homónima..., non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 11:00 (UTC)[responder]
Meiga e bruxa son sinónimos en el DRAG. Creo que estaremos de acordo. Pero xa non sei en que se diferencian as dúas acepcións esotéricas (muller con pauto co demo e Bruxa, muller con poderes sobrenaturais). Non sei se haberá matices ou non. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 20:06 (UTC)[responder]