Conversa:Maxilar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maxilar e maxilares[editar a fonte]

Non estou de acordo con esta páxina, xa que os maxilares son dous, e tan maxilar é o superior como o inferior, polo que non é correcto dicir que o superior é o maxilar propiamente dito. Un sinónimo moi usado de maxilar é mandíbula e aí si que a propiamente dita é a inferior.

Por se queda algunga dúbida copio as definicións de maxilar do dicionario da RAG:

maxilar [ks]
adxectivo
1 Relativo ou pertencente á mandíbula. Os ósos maxilares.
substantivo masculino
2 Anatomía Cada un dos ósos, superior ou inferior, nos que están fixados os dentes. O maxilar superior está formado por dous ósos articulados entre si.
3 por extensión Mandíbula. A raíz dos dentes atópase dentro dos alvéolos do maxilar.

Polo tanto penso que o mellor sería, dado que na Galipedia hai artigos para Maxilar superior e para Maxilar inferior, deixar esta páxina de homónimos así:

O termo maxilar designa a cada un dos ósos nos que, no cranio da mairoría dos mamíferos, están inseridos os dentes. Hai dous maxilares:

Claro que, se cadra, algún administador botaríaa abaixo por considerar que non era unha páxina de homónimos, senón unha definición e que, por tanto, estaría mellor no Galizionario. Varias páxinas menos definitorias xa mas teñen tumbado. (O que non sei, é por que non o fixeron con esta).--XoioÉche o que hai 14 de setembro de 2013 ás 17:59 (UTC)[responder]

Eu non considero que quede unha definición, senón que explica o motivo dos homónimos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16 de setembro de 2013 ás 14:38 (UTC)[responder]

Maxilar propiamente dito[editar a fonte]

Aínda que popularmente se coñece como maxilar a cada unha das dúas pezas óseas da boca dos vertebrados e nas cales están aloxados os dentes, polo que comunmente fálase de maxilar superior e maxilar inferior. Pero se somos máis exactos coas nomenclaturas anatómicas, o maxilar inferior débese chamar mandíbula, e o maxilar superior simplemente maxilar.[1]

Cómpre ter en conta que en latín, idioma do que se tiran os nomes cientificos dos termos anatómicos do Vocabulario científico internacional, o chamado maxilar superior é a maxilla, e o denominado maxilar inferior, é a mandibula, como se pode comprobar visitando todas as wikipedias. Polo tano, non é raro que este artigo non teña ligazón a nigunha lingua. Polo que penso que debería ser suprimido, facendó dúas entradas para cadanseu óso (iso si, correctamente redactadas). --XoioÉche o que hai 28 de febreiro de 2022 ás 21:26 (UTC)[responder]

  1. Dra. Rosa Gómez: Maxilar.