Conversa:Luis Rodríguez Míguez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Arranxámolo ou borramos? --Atobar (conversa comigo) 17:21, 5 outubro 2009 (UTC)

  • Borrar. -Prevertgl 17:23, 5 outubro 2009 (UTC)

Creo que non se daban as condicións para consideralo Gloria Va. É verdade que o creou unha IP, pero tamén o é que esa IP creou máis artigos. Poderían ser de xente relacionada, pero podería ser que non. Ten cinco libros publicados, é membro da Real Academia de Medicina... ten unha certa relevancia, menor da que se lle atribuía nun comezo, por iso reducín o texto e o mantiven. --Xabier Cid Conversa 19:33, 5 outubro 2009 (UTC)

Xabier, sinto discrepar contigo pero o procedemento que seguiches non foi correcto. Cando marquei o artigo como GloriaVa verifiquei as edicións dese IP e cadraban dentro do expresado polo marcador nos dous artigos que marquei. Tal como o vexo estando unha conversa aberta e non sendo ti quen marcou o artigo non é unha decisión que poidas tomar pola túa conta, deberías entrar a debatir antes de ofrecer unha situación de "feitos consumados". Na miña opinión debemos aplicar as mesmas regras sobre os artigos de promoción en todos os casos e en todo caso debater antes de actuar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:43, 5 outubro 2009 (UTC)

Procedemento[editar a fonte]

Ola de novo.

  1. Desculpa por actuar de maneira que te sentiches incomodado.
  2. O procedemento non se respectou dende o comezo. Se estivésemos nunha votación, como parece que estabamos, tería que ser feita pública na páxina correspondente, que está baixo a atención de toda a comunidade, e non nesta conversa.
  3. Ademais, coincidiu que me entrou unha chamada desde que fixen a edición ata que puiden explicar na conversa a edición. Foi mala sorte, pero é evidente que enturbou aínda máis a miña actuación.
  4. Teño sido bastante contundente cos casos de gloria va, e creo que ao longo do meu historial destacan máis os casos de proposta de borrado deste tipo de artigos que de mantemento, se é que houbo algún.
  5. Ora ben, o artigo non estaba proposto para borrar, nin marcado como lixo. Estaba marcado como "posible Gloria Va", co que convida a que un outro editor, sobre todo se é experimentado, chequee, comprobe, explique e actúe (obviamente eu fixen ao revés, e síntoo moito). Se ese segundo editor non o ten claro, pois seguirase debatendo, loxicamente.
  6. Para min este é un caso moi claro onde non podemos determinar a gloria va (coas probas que temos enriba da mesa, e que foron as empregadas para os xuízos anteriores). A IP editou unha serie considerable de artigos, algúns relacionados entre si e outros non (aparentemente), como este. A redacción é mala, pero non revela (aparentemente) datos que non poidan estar en lapelas de libros e documentos semellantes. Non parece haber unha intención combinada de actuación, e ademais, cando menos os seus tres artigos principais son de relevancia contrastada. Non se pode borrar un artigo só porque o escriba unha IP. --Xabier Cid Conversa 20:03, 5 outubro 2009 (UTC)
  • Eu optaría por recuperar a corrección de Xabier. --Atobar (conversa comigo) 20:26, 5 outubro 2009 (UTC)


Non me sentín incomodado, pero paréceume raro o xeito de proceder. Pola miña banda cando puxen borrar non usei a próposito o marcador {{Borrar}} para non crear a confusión de que estaba votando. Desculpas por non telo deixado máis claro. Entendo que pode haber interpretacións diversas sobre as edicións do IP. Polo que vexo houbo un malentendido en canto ao procedemento froito dunha interpretación errónea debido a varias accións simultáneas que contribuíron á confusión. Unha vez aclarado o asunto, só me queda dicir que non me gusta abrir fíos innecesarios polo tanto retiro o dito, actúa segundo o teu criterio. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:47, 5 outubro 2009 (UTC)