Luis Rodríguez Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Luis Rodríguez Míguez, nado en Santiago de Compostela en 1932 e finado en Ourense o 27 de febreiro de 2016[1], foi un médico, profesor universitario e escritor galego, recoñecido por ser o pai do termalismo contemporáneo en Galicia, e creador da expresión "vila termal".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse posteriormente cunha tese sobre termalismo e a catalogación dos mananciais na provincia de Ourense. Desenvolveu toda a súa vida profesional en Ourense. Ocupou distintos postos médicos, tanto na atención como na administración. Ocupou a dirección do Centro de Sanidade Ambiental de Galicia, e a xefatura de Sanidade en Ourense. Tamén desenvolveu carreira como profesor universitario, tanto na Universidade de Santiago como na de Vigo, onde deu clase na facultade de Ciencias da Saúde de Ourense.

Dende esa dobre faceta administrativa e médica, promoveu o termalismo na provincia de Ourense, tema sobre o que escribiu libros de carácter histórico. Tamén foi vicepresidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Contos de Vilago de Ribadela (1990, baixo o pseudónimo Lope de Bonaval)
  • El termalismo en Galicia en la década de los ochenta (1988)
  • Estudio histórico bibliográfico del termalismo: Principales surgencias de la provincia de Orense (1995)
  • Ourense termal (2001)
  • Pantón, patrimonio y termalismo (2007)

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era o home da actriz e escritora Mariluz Villar e pai da escritora Alejandra Juno.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]