Conversa:Lista de monumentos da provincia de Lugo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mondoñedo[editar a fonte]

Basílica/Catedral

Na lista so aparece catalogada a Catedral. Porén en Wikimedia Commons é o revés, a categoría da Basílica está dentro da de BICs e a da Catedral non.

Os artigos da Galipedia están os dous dentro da cat. BIC,s.

Alguén pode aclaralo e comprobar/engadir o/os números de id. de BIC?--. HombreDHojalata.conversa 20:02, 8 de setembro de 2011 (UTC)

É que a Basílica de San Martiño de Mondoñedo está en Foz e a Catedral de Mondoñedo está en Mondoñedo :). A basílica de Mondoñedo foi a sé inicial do obispado de Mondoñedo que logo foi trasladado a Mondoñedo, que recibeu ese nome en honor á catedral orixinal de Foz, un lío ;). O que non sabía era que a catedral de Mondoñedo tamén era basílica, según di o artigo, claro. O número de id. da Basílica de San Martiño de Mondoñedo está na lista de Lugo. En Commons hai que meter tamén a cat. da catedral de Mondoñedo dentro da de BICs. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:48, 13 de setembro de 2011 (UTC)

Dúas categorías co nome de O Saviñao[editar a fonte]

Só indicar que hai 2 categorías no índice que fan referencia ao mesmo concello. Son a 32 e 40 que corresponden o Saviñao. --Loischantada 08:55, 16 de setembro de 2011 (UTC)

Feito! Feito! Moi ben visto, grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:45, 16 de setembro de 2011 (UTC)

Necrópole de Santa Mariña[editar a fonte]

Cómpre engadir a Necrópole de Santa Mariña, declarada BIC en 2006. O caso é que pertence a tres concellos (ver artigo). --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de agosto de 2013 ás 23:05 (UTC)[responder]

Pero é que esta lista é só dos BIC da categoría monumento, a Necrópole de Santa Mariña está incluída na categoría de zona arqueolóxica, hai que facer as listas para as outras categorías de BIC inmobleis que existen: xardín histórico, conxunto histórico, sitio histórico e zona arqueolóxica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de agosto de 2013 ás 18:38 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista de monumentos da provincia de Lugo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 06:37 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista de monumentos da provincia de Lugo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 15:49 (UTC)[responder]