Conversa:Lacertilios
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Non me deixa movelo para lagarto, que é o máis sinxelo de buscar, como fago?--Miñato 20:54, 6 decembro 2006 (UTC)
Novo título
[editar a fonte]Penso que despois da última edición do artigo cumpriría cambiar o título da páxina polo de Lacertilios, xa que non trata dunha única especie de lagarto, senón dun amplo grupo taxonómico que comprende numerosísimas especies. --XoioÉche o que hai 3 de novembro de 2019 ás 20:35 (UTC)
- Pero Xoio, xa existe a páxina Lacertilios, que ademais creaches ti... En todo caso, que é o que penso eu, haberá que fusionar os historiais das dúas páxinas e deixar só a de Lacertilios. A ver como o ven Miguelferig e Lameiro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2019 ás 06:45 (UTC)
- Ah, e outra cousa que se me esqueceu antes, o que habería que ver tamén é se facemos outra páxina para o termo común "lagarto" ou unha redirección a outra páxina, ou que... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2019 ás 06:55 (UTC)
- Penso que, se se cambia o título de Lagartos, habería que suprimir a páxina Lacertilios, pois todo o seu contido incluíno na primeira delas (Laceritilios fíxena antes de modificar Lagartos)
En canto unha páxina nova Lagarto penso que non é necersaria de incluírse Lacértidos, familia que compende todas as especies de lagartos e lagartas (en castelán lagartijas), que me comprometo a redactar de contado, en canto remate a que estou redactando agora Chamaeleo chamaeleon. --XoioÉche o que hai 16 de novembro de 2019 ás 15:07 (UTC)- Acabo de comprobar que a páxina Lacértidos xa existe. Vou tentar ampliala no posíbel e adaptala á miña maneira de tratar taxons de animais. --XoioÉche o que hai 16 de novembro de 2019 ás 18:50 (UTC)
- Penso que, se se cambia o título de Lagartos, habería que suprimir a páxina Lacertilios, pois todo o seu contido incluíno na primeira delas (Laceritilios fíxena antes de modificar Lagartos)
Penso que lacertilios é unha páxina diferente de lagartos, xa que entre os lacertilios, ademais de lagartos, hai iguanas, camaleóns, etc. En todo caso, podería rediccionarse "lagarto" á páxina lacértidos. Ademais, xa existe a páxina lagarto (homónimos), que quizais habería que retocar para incluír todos os nomes de lagartos galegos e algunha aclaración da diferenza coas lagartas.--Miguelferig (conversa) 16 de novembro de 2019 ás 23:53 (UTC)
- Claro que lacertilios é unha páxina diferente de lagartos, xa que, como ben dis, Miguel, ademais de lagartos (e lagartas), hai iguanas, camaleóns, etc. Por iso a miña teima é que algún aministrador cambie o título da páxina Lagartos polo de Lacertilios. En canto á páxina Lagarto (homónimos), está ben tal como está.--XoioÉche o que hai 17 de novembro de 2019 ás 03:08 (UTC)
- Xoio, xa fusionei os artigos lagarto e Lacertilios, agora lagarto redirixe a Lacértidos, debe quedar así ou debe redirixir a outro lado? Que dis Miguelferig? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2019 ás 11:04 (UTC)
- Moitas grazas Elisardojm por arranxar o asunto dos Lacertilios (e tamén o de *Camaleón). E espero que Miguelferig estea de acordo. A redirección que dis, queda ben. Reitero as moitas grazas e un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 17 de novembro de 2019 ás 17:08 (UTC)
- Xoio, xa fusionei os artigos lagarto e Lacertilios, agora lagarto redirixe a Lacértidos, debe quedar así ou debe redirixir a outro lado? Que dis Miguelferig? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2019 ás 11:04 (UTC)
- Si, por min perfecto.--Miguelferig (conversa) 17 de novembro de 2019 ás 18:15 (UTC)
- Grazas a vós. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2019 ás 21:17 (UTC)
Ao que me refería sobre completar a páxina de lagarto (homónimos) é que se podía engadir o lagarto arnal (Timon lepidus = Lacerta lepida).--Miguelferig (conversa) 18 de novembro de 2019 ás 09:57 (UTC)
- Feito! Miguelferig, fai falta unha referencia para o nome común do lagarto verde, pola noite miro no libro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2019 ás 10:52 (UTC)
- Elisardojm, eu tampouco encontrei, en galego, ningunha referencia para lagarto verde. E xa vin que ti xa a atopaches no Vocabulario forestal. Os que lle puxeron este nome na Galipedia seguramente traduciríano do castelán, e tiraríano das Guías de campo en castelán -eu teño dúas- que están un algo anticuadas (as que teño eu son de 1978 e 1980), e en ambas usa o nome científio Lacerta lepida para Timon lepidus (o lagarto arnal) e, por suposto, non inclúen a especie Lacerta bilineata, que é outro lagarto verde (os autores do Vocabulario forestal do Servizo de Normalización Lingüística da USC, coordinado polo meu amigo Xusto (que é un sabio), porén, tampouco están acutalizados, porque o nome que propoñen eles lagarto verde é para Lacerta bilineata, un dos dous lagartos verdes, que os herpetólogos españois actuais denominan lagarto verde occidental (en inglés western green lizard), polo que o outro lagarto verde europeo, Lacerta viridis (o lagarto verde das guías de campo anteditas, que dan este nome a L. viridis), sería o lagarto verde oriental. Hai que ter en conta que a división en dúas especies é relativamente recente. De momento consulta Lagarto verde occidental – Lacerta bilineata Daudin, 1802 e mira a última edición que fixen, sobre o problema de L. viridis e L. bilineata, no artigo Lacerta viridis, sección O grupo "lagartos verdes", ou "complexo Lacerta viridis-L. bilineata"', artigo ao que inicialmente lle din o nome de lagarto verde oriental, que despois eliminei. Xa sei que L. viridis non é unha especie galega, pero L. bilineata tampouco o é (a súa distribución na península Ibérica abarca "parte de Asturias" -non chega á fronteira con Galicia-, Cantabria, País Vasco, o Sistema Ibérico e os Pireneos). Polo tanto, penso que ambos os títulos dos artigos deberían figurar só co nome científico, ou, no seu caso, como Lagarto verde occidental e Lagarto verde oriental (ver "Lagarto verde oriental en el Este incluido el Este de Alemania"), de querermos calcar as denominacións castelás actuais. --XoioÉche o que hai 20 de novembro de 2019 ás 20:06 (UTC)
- Non podemos calcar outras denominacións, é preciso que haxa referencias en galego para o nome común, penso que tes razón Xoio, habería que cambiar o nome do artigo para o nome científico. Ti que dis Miguelferig? Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2019 ás 22:41 (UTC)
- As denominacións modernas actuais casteláns e inglesas parecen bastante acertadas, xa que se trata de subespecies do lagarto verde (L. viridis) que foron separadas en dúas especies, unha de distribución oriental en Europa e outra occidental. Non obstante, non hai denominación en galego referenciada. Entón, penso que polo momento habería que poñer o nome científico tal como di Xoio. Por outra parte, no medio do texto, segundo como sexa a redacción da frase, pode en certas frases ser aceptable dicir lagarto verde occidental, sempre que non pretenda ser a denominación da especie en galego, senón que simplemente se use como un atributo ou adxectivo, é dicir, simplemente se está a dicir que é o lagarto verde que ten distribución occidental. Iso pasa moitas veces; por exemplo, se eu digo "mapache suramericano" non pretendo dicir que ese sexa o seu nome referenciado ou oficializado en galego, senón que simplemente estou a dicir que é o mapache que vive en Suramérica.--Miguelferig (conversa) 21 de novembro de 2019 ás 19:09 (UTC)
- Pois, se todos os tres estamos de acordo, a ver se algún de vos fai o cambio do título. --XoioÉche o que hai 21 de novembro de 2019 ás 22:29 (UTC)
- Feito! Xoio e Miguelferig, pero amañando isto atopei que Lacerta bilineata está no artigo Lista de réptiles de Galicia, non habería que quitalo desa lista? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2019 ás 08:32 (UTC)
- Grazas, Elisardojm. Eu, que estiven até onte revisando, corrixindo e ampliando Lacerta bilineata, tamén me din de conta diso. Incluso eliminei a categoría Réptiles de Galicia, e mais a ligazón externa Lista de réptiles de Galicia. E mirei esta, e alí di, mostrando un mapa da distribución das dúas especies en cuestión, que está Nos límites de Galicia. Isto é "estar en Galicia"? Claro que hai que sacala desa lista, penso eu. --XoioÉche o que hai 22 de novembro de 2019 ás 12:26 (UTC)