Conversa:Instituto Xelmírez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non estou de acordo co cambio do títtulo. Este instituto, que agora non existe como tal, nunca se chamou IES Arcebispo Xelmírez. Non sei a data en que comezou a chamarse deste xeito (Instituto "Arzobispo Gelmírez"). O nome que tiña cando pasou a ocupar o edificio da Compañía (de Xesús), data que tamén descoñezo, chamábase Instituto General y Técnico, como constaba no lintel da porta interna; este nome conservábase cando estodou nel o meu pai, na época de Afonso XIII, era mixto e ademais de cursárense as materias propias dun bacharelato típico, estudábase tamén, por exemplo, a materia "agricultura"; o seu plan de estudos era de sete anos, ao final dos cales, para poder entrar na universidade, había que aprobar o temido "Exame de Estado", de acordo coa lei de Educación daquela vixente, a famosa lei Moyano; cando eu fixen o "Exame de ingreso" nese instituto, aos nove anos, en 1951, aínda estaba vixente a lei Moyano, polo que tiven que cursar dúas veces, as materias "francés 1º e 2º", e "latín 1º e 2º" (co que tiven ocaasión, e tempo, de traducir íntegras De bello Gallico e De bello civili) xa que, ao comezar o terceiro curso cambiou a lei de educacuión (a reforma de Ruiz-Giménez); daquela, e despois da guerra civil , xa había en Santiago dous institurtos, o "Arzobispo Gelmírez" (masculino), e o "Rosalía Castro" (feminino).
As siglas IES (Instituto de Educación Secundaria) son "modernas", e por iso penso que non se deben aplicar a un centro educativo histórico.
Polo que solicito a restauración do nome orixinal que puxen cando fixen a primeira edición, por razóns hitóricas (e porque é o meu instituto). --XoioÉche o que hai 9 de abril de 2018 ás 16:32 (UTC)[responder]

  • Si, erro meu: IES non ten sentido aquí. Con todo, creo que habería que deixalo en Instituto Xelmírez[1] e de aí redireccionar as restantes designacións (Instituto Arzobispo Gelmírez, Instituto Arcebispo Xelmírez etc.), cunha nota ao pé ou unha matización no inicio sobre a denominación oficial na época para o Ministerio de Gobernación. Inclínome por facelo así por ser o nome en galego tanto do persoeiro como dos actuais institutos e porque así é a súa denominación popular na nosa lingua. Vénme á mente o modo no que resolveramos deixar Carta Xeométrica de Galicia para o título e os outros nomes como redireccións. Se non tes inconveniente, Xoio, procederei a cambialo. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2018 ás 17:13 (UTC)[responder]

Unha solución intermedia sería poñer o nome ou ben como Instituto Arcebispo Xelmírez (sen o IES), pero mantendo na redacción o nome Instituto Arzobispo Gelmírez (que foi o nomde que tivo durante moitísios anos), ou ben titulalo como O primeiro Instituto de Santiago de Compostela (demasiado longo). Vou modificar algo o texto, e incluír unha nota sobre o decreto de desdobramento que me faclitaches. Grazas.--XoioÉche o que hai 9 de abril de 2018 ás 17:40 (UTC)[responder]

Certo, Instituto Arcebispo Xelmírez é outra posibilidade. Eu optei por Instituto Xelmírez, a secas, por ser a forma na que se cita na ligazón que acheguei. Coido que calquera das dúas valería; se ben prima a que vaia acompañada dunha referencia máis sólida. Mételle man e ao final, co que haxa, decidimos. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2018 ás 17:46 (UTC)[responder]

Coordenadas[editar a fonte]

Dado que o instituto cambiou varias veces de emprazamento, non se poden poñer as súas coordenadas. En todo caso, deberían figurar en cada un dos artigos dos edificios que ocupou, se os houber, --XoioÉche o que hai 9 de abril de 2018 ás 17:45 (UTC)[responder]

Non o teño moi claro. A ver se deitan luz HombreDHojalata ou Estevoaei. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2018 ás 21:23 (UTC)[responder]

Isto é un exemplo
Localización inicial: 57°18′22.5″N 4°27′32.7″O / 57.306250, -4.459083
Segunda localización: 57°23′21.5″N 4°25′20.9″O / 57.389306, -4.422472
Localización actual: 57°33′19.5″N 4°23′57.8″O / 57.555417, -4.399389

Bueno, poderíanse poñer todas elas, nun cadriño, como o que poño eu aquí, á dereita. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 9 de abril de 2018 ás 21:48 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Instituto Xelmírez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de decembro de 2019 ás 13:47 (UTC)[responder]