Conversa:Independentismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Penso que Sealand non debe estar nesta páxina posto que é un estado que nin sequera posee terra firme, senon que non é máis ca unha plataforma mariña construída pola Armada Británica. --83.37.7.121 17:12, 6 abril 2010 (UTC)

Polo que dis non cadra no que vén sendo un movemento independentista. Haberá que eliminalo entón. --Alberte Si, dígame? 00:05, 7 abril 2010 (UTC)
    • En Texas movementos independentistas na actualidade? O único que houbo foi cando a separación de México, pero agora entendo que non. --Atobar (conversa comigo) 10:47, 8 abril 2010 (UTC)
Texas retirado. Os movementos independentistas polo que sei eran con México no seu momento. Non encontro información fiábel para manter que haxa movementos independentistas alí, igual que non para dicir que Burgos quere ser independente por moito que ao carón da catedral non hai moito houbese un graffiti que pedía tal cousa. Se ando enganado, por favor, corrixídeme. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:43, 13 de abril de 2010 (UTC)
Pois si que hai movementos independentistas en Texas (http://www.texasnationalist.com/), o que habería que saber é se teñen algún tipo de importancia.--Xentenatural 10:35, 18 de abril de 2010 (UTC)
Ok. Non parecen moi relevantes, pero a verdade é que un nunca sabe. Aquí deixo un artigo de interese ao repecto do secesionismo nos EUA, o que non deixa de ser unha nota curiosa. [1] --Atobar (conversa comigo) 10:53, 18 de abril de 2010 (UTC)

No artigo di que os movementos independentistas de Chipre consideranse como movementos independentistas en África. Tendo en conta que Chipre é membro da Unión Europea desde 2004, e que para formar parte da UE compre ser un país europeo (ademais de que tradicionalmente Chipre é considerado como parte de Europa) debería mudarse ao apartado de movementos independentistas en Europa. O pretexto de que querer formar a República Turca do Norte de Chipre tampouco vale para consideralo un movemento africano, posto que Turquía, candidato a entrar na UE, está tamén cabalo entre Europa (Estambul) e Asia (o resto).--AMPERIO (conversa) 11 de xaneiro de 2013 ás 10:28 (UTC)[responder]