Conversa:Galego-portugués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neste artigo falta moita información linguística e o cuadro non o completei ainda. Haberia que incluir despois unha evolución dese sistema medieval aos actuais aqui ou nos artigos de lingua galega e portuguesa?

Ademais fan falta exemplos e referencias.

Emilio juanatey 22:01, 30 marzo 2007 (UTC)

A "evolución" do galego é ben sinxela de explicar. Un dia chegan os castellanos... —o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.15.71.103 (conversacontribucións) ás 23:53 do 19 de maio de 2007.

Edición do artigo só para usuarios rexistrados[editar a fonte]

Penso que deberiamos protexer este artigo para que só poidan editar usuarios rexistrados porque é carne de vandalismo por parte de reintegracionistas que o degradan incluíndo opinións subxectivas infantís lonxe do estudo científico obxectivo e filolóxico do idioma. Tamén penso que o apartado chamado "afastamento do galego e do portugués" debería titularse "estudo diacrónico do galego" (e do portugués) ou "evolución diacrónica do galego". Queda o termo máis exacto e máis científico. Debería ser redactado por algunha persoa que teña coñecemento sobre os cambios fonolóxicos e morfolóxicos do noso idioma ao longo dos séculos. --Cabaleiro de Espadas 18:34, 14 novembro 2007 (UTC) (o meu é o inglés lol)

Eu sou registrado e reintegracionista. O galego-português ainda existe. Obrigado. --Ibérico 19:19, 4 febreiro 2008 (UTC)

Características do galego-portugués[editar a fonte]

Conviría revisar o cadro de fonemas consonánticos. En concreto vexo estes erros/carencias:

  • O fonema /v/ non goza de moita aceptación, debería ser cambiado por /β/.
  • Falta o fonema /r/.
  • ¿Que son Tepes?
  • Pódense dar exemplos de palabras que empreguen eses fonemas, ou polo menos indicar con que grafema(s) se representa(ba)n, principalmente naqueles casos nos que non se conserve no galego moderno.
  • /dʒ/ vs /ʒ/. ¿Cal é a súa distrubución?

[ Furagaitas * ] 00:20, 9 decembro 2009 (UTC)

De acordo co de /β/ e /r/, mais para facer as cousas ben habería que citar unha fonte. Tepes é taps xa o cambiei por vibrante, que é o termo común emilio juanatey(talk) 20:57, 9 decembro 2009 (UTC)

Listaxe e cantiga[editar a fonte]

Tanto a listaxe como a cantiga, penso que están de máis (e rompen co formato). Deixo pasar un tempo por se alguén quixer comentar algunha cousa, e máis adiante, se for preciso procederei a retiralo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 08:26, 25 de maio de 2011 (UTC)

Procedo a retirar a listaxe que aínda queda solta e desvirtúa o artigo. --Atobar (conversa comigo) 19:02, 3 de febreiro de 2012 (UTC)