Conversa:Fragas do Eume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Copiado[editar a fonte]

O artigo está copiado demasiado textualmente, en plan copia-pega, de http://www.naturezadixital.com/?p=32, incluíndo erros ortográficos. Pedro --Lameiro 15:35, 15 setembro 2007 (UTC)

  • Modifiquei e reestruturei todos os contidos da sección Flora. Agardo que así estea solucionado o problema. ;) --Xabier Cid 20:02, 15 setembro 2007 (UTC)
    • Non sei por que pero desapareceu a fotografía do mosteiro (polo menos na miña pantalla). Non vexo que haxa nada mal, pero non se ve.
    • Segundo: Prefiriría que a letra das referencias tivese un tipo menor co do resto do artigo, pero non sei como se fai.
    • Pedro --Lameiro 21:28, 16 setembro 2007 (UTC)

A min tampouco se me ve. Estes días semella que houbo problemas con algunhas imaxes. Vou ver se fago o do tamaño. Un afectuoso saúdo. AlberteSi, digame? 21:31, 16 setembro 2007 (UTC)

Imaxes doutros lugares[editar a fonte]

Pode resultar confuso o uso de imaxes tomadas en outros lugares, nun artigo chamado Fragas do Eume. Haberá que buscar imaxes das fragas, e sustituir as que non o son. Miguel.lima 21:36, 19 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Polo que respecta ás imaxes este artigo é un engano. Ás mais das imaxes nin sequera forn tomadas en Galiza. Propoño retiralas--Xan de ningures 03:30, 7 decembro 2008 (UTC)

O problema persiste. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2016 ás 16:02 (UTC)
Feito! Feito! Imaxes retiradas. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2016 ás 21:02 (UTC)

Symbol oppose vote.svg Discordo con este cambio HombreDHojalata, penso que as imaxes dos animais e as plantas que axuden a ilustar o artigo non ten importancia onde foran feitas, o que importa, simplemente, é que mostren axeitadamente ó ser vivo que se quere mostrar. Esas imaxes non ilustran a paixase da Fraga, só ilustran a animais que habitan a Fraga e que son iguais ós doutros lugares. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2016 ás 00:52 (UTC)

Iso xa se discutiu, e houbo unanimidade de criterio: aquí.
Ao xa falado (o artigo inclué ligazóns internas aos artigos das especies, e é alí onde se poden poñer fotos feitas nun bosque de Alemaña) eu engadiría o seguinte:
  1. nas fotos feitas na natureza é dificil/imposible que apareza unha especie soa (ao redor da lontra alemá poden verse plantas que haberá, ou non, nas Fragas do Eume).
  2. o aspecto de exemplares da mesma especie non é o mesmo en todas partes (non poñeríamos unha foto dun grupo de homo sapiens sapiens noregueses na sección de demografía do artigo de Senegal). --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2016 ás 07:57 (UTC)
Si, xa vin que se discutiu pero eu non me incorporei realmente ó proxecto ata o 2010 polo que non puiden participar. Sobre o que comentas, nunha foto en primeiro plano dun animal ou planta o que se resalta é ese ser vivo e iso é o que se quere ilustrar, se alguén ten dúbidas sobre as plantas que haxa ó redor ou o que sexa, consultando a información do ficheiro xa se decatará das posibles diferenzas ó atopar alí a localización correcta. Sobre o dos noruegueses, penso que non son nin moito menos comparables as diferenzas que hai entre un noruegués e un senegalés e entre unha lontra das Fragas e outra de Alemaña, no segundo caso non sei se haberá algún especialista que sexa capaz de facelo fixándose só no animal e usando unha foto que teñamos en Commons.
A ver, o que queremos que apareza no artigo é a foto dunha lontra, non? Pois que máis da que esa foto da lontra se fixera nas Fragas ou en Francia? Se é a mesma especie xa está, o que queremos que se visualice é o animal, non o seu hábitat, para iso xa temos outras fotos. Obviamente, se temos dúas fotos do mesmo animal e unha está feita nas Fragas está claro que esa foto, se ten a calidade axeitada para mostrar o especime, é a que debería usarse no canto doutra. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2016 ás 08:35 (UTC)
Aí está a cuestión: ¿o que queremos é que apareza no artigo a foto dunha lontra ou o que queremos é que aparezan no artigo fotos das Fragas do Eume? Eu quedo co segundo querer, o primeiro aplícollo ao artigo das lontras. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2016 ás 20:53 (UTC)
Claro, eu quero o primeiro querer, quero ver :) Se ver a lontra no artigo ou non vela penso que a opción está clara, vela. Para ver a paisaxe das Fragas xa están as outras fotos. O que se pode facer é poñer un pé de imaxe neutro para que non dea lugar a confusións, por exemplo, "Lontra." a secas, e o que queira saber máis da imaxe pode consultar os seus datos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2016 ás 09:20 (UTC)
HombreDHojalata, outra cousa sería, por poñer un exemplo, que as lontras tamén puideran vivir no deserto e alguén quixera poñer a foto dunha lontra nun deserto no artigo, iso xa non sería aceptable porque non encaixaría nel xa que distorsionaría o artigo. Pero se hai unha foto dunha lontra nun hábitat semellante ó das Fragas, eu penso que é totalmente correcto engadila. Chegamos a acordo ou non? :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 11:05 (UTC)

Pois non (Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 14#Imaxes de animais en páxinas de lugares) Face-smile.svg --. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2016 ás 11:12 (UTC)

Xa, pero iso pode mudar, que non son os Dez Mandamentos :) Será mellor que o comentemos na taberna, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 13:05 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Fragas do Eume. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2018 ás 15:36 (UTC)