Conversa:Escurantismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Quixera suscitar unha discusión sobre o título deste artigo. Se debe ser o presente Obscurantismo ou, como manda a Real Academia Galega, Escurantismo. Eu son seguidor das normas da Galipedia e, sobre todo, da norma oficial. Pero dado que o Dicionario actual da Academia ten poucas entradas, e o VOLG bastantes máis, pero aínda insufuicientes (véxanse os novos Grandes dicionarios da lingua —Cumio, Século 21 [Galaxia/Cumio], Ir Indo, Xerais— que teñen que inventar palabras que non veñen no VOLG, procurando seguir os criterios de adaptación que na introdución deste Vocabulario se propoñen).

Tendo en conta estes dous feitos:

  1. Evidentemente (aínda que o DRAG no inclúe etimoloxías), escurantismo é un derivado de escuro, voz patrimonial derivada do latín obscurum. Pero a palabra obscurantismo é de entrada moi recente nas linguas europeas (finais do século XVIII) e, aínda que de remota orixe latina (obscurans), foi inventada en francés, obscurantisme, e do francés pasou ás outras linguas europeas que as adaptaron á súa morfoloxía: ca obscurantisme; de Obskurantismus; en obscurantism; es oscurantismo; it oscurantismo e pt obscurantismo.
  2. Nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (NOMIG), na súa edición de 2003 (posterior ao acordo ortográfico), na Introdución (páxina 12) dise que:
(...) Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego. (...)
(O subliñado é meu)

E se facemos unha comparación dos termos portugueses e galegos tirados do latín obscurus e derivados, podemos ver:


Moderno dicionário da língua portuguesa Michaelis:[editar a fonte]

(1.) obscurante adj m+f (lat obscurante) Que obscurece. s m+f O mesmo que obscurantista.

(2.) *escurantismo Ø Pero:

(2.) obscurantismo sm (obscurante+ismo) 1 Estado do que se encontra na escuridão. 2 Estado de completa ignorância. 3 Oposição sistemática a todo o progresso intelectual ou material. 4 Sociol Atitude ou política contrária à difusão e transmissão de conhecimento, especialmente entre as massas.

(3.) obscurantista adj m+f (obscurante+ista) Relativo ao obscurantismo. adj e s m+f Que, ou quem segue as idéias do obscurantismo.

(4.) escurecer1 (escuro+ecer) vtd, vint e vpr 1 Tornar (-se) escuro: Nuvens carregadas escurecem o céu. O horizonte escureceu (ou escureceu-se). vtd 2 Apagar o brilho ou o fulgor de; empanar, eclipsar, ofuscar: Escurecer a fama, o prestígio, a glória. Escurecer a razão, o entendimento. vint 3 Anoitecer: Está escurecendo; vamos para casa. vpr 4 Anuviar-se, toldar-se: "Escurecer-se a vista" (João Ribeiro, ap Franc. Fernandes). vtd 5 Sombrear, entristecer: "...uma nuvem lhe escureceu o rosto de pesar" (Rebelo da Silva). Var: escurentar. Antôn (acepção 1): clarear.

(4.) escurecer2 sm (escuro+ecer) O fim da tarde, o lusco-fusco, a noitinha.

(5.) escuridade sf (lat obscuritate) 1 Qualidade daquilo que é escuro. 2 Falta de luz. 3 Dificuldade. 4 Qualidade do que é ininteligível. 5 Mistério. Var: escuridez.

(6.) escuro adj (lat obscuru) 1 Em que não há luz; obscuro, sombrio, toldado. 2 Quase negro. 3 Monótono, tristonho. 4 Que não é nobre: Indivíduo de origem escura. 5 Pouco lícito: Negócios escuros. 6 Que se ouve mal ou se distingue mal. Antôn (acepções 1 e 2): claro. sm 1 Recanto sem luz. 2 Noite. 3 Escuridão, negrume. 4 Lugar oculto; recôndito. Apostar no escuro: apostar antes de ver o jogo que tem. Escuro como breu: extremamente escuro. Escuro como um prego: completamente escuro; negro


Diccionario da Real Academia Galega:[editar a fonte]

(1.) escurante Ø

(2.) escurantismo s.m. Actitude ou feito de se opoñer á difusión da cultura, da educación e ó progreso social en xeral. Certos poderes practican o escurantismo.

(3.) escurantista Ø

(4.) escurecer v.i. 1. Facerse de noite, comeza-la noite. Escurecía cando cheguei á casa. SIN. anoitecer, cerrar, pechar. ANT. abrir, clarear. 2. Nubrarse [o día, a mañá, o ceo, etc.]. O ceo escureceu de repente. ANT. clarear. // v.t. 3. Privar de luz e claridade. Correu a cortina para escurece-la estancia. SIN. ensombrecer. 4. fig. Expresar [algo] sen claridade de conceptos. En vez de explica-la lección, escurecíaa máis. 5. fig. Avantaxar ou superar [a unha persoa] [en certa cousa]. Sabía moito, pero o seu compañeiro escurecíao por completo. SIN. eclipsar.

(5.) escuridade s.f. Estado ou calidade do que é ou está escuro. Aproveitou a escuridade da noite para fuxir. ANT. claridade. CF. negror, negrura.

(6.) escuro -a adx. 1. Que está privado de luz ou claridade, de xeito que non se ve ou se ve mal. Un cuarto moi escuro. Unha noite escura, sen lúa. 2. Que tira ó negro [cor] ou que ten esta cor [cousa]. Esta cor é moi escura. Roupa escura. 3. Que se contrapón a outra máis clara da súa mesma clase [cor] ou que ten esta cor [cousa]. Azul escuro. Deses dous vestidos marróns, o que máis me gusta é o escuro. 4. fig. Que non se comprende facilmente. Un escritor de estilo escuro. Un carácter un tanto escuro. 5. fig. Que non se coñece, que ofrece dúbidas. Un porvir escuro. SIN. incerto. ANT. claro. s Ás escuras. loc. adv. Sen luz ningunha. Andas ás escuras. CF. ás apalpadas.


O problema é o seguinte. Á hora de introducir un neoloxismo no galego, e noutras linguas, hai dúas posibilidades:

  1. Adaptar o neoloxismo, cos mínimos cambios, á morfoloxía do idioma. É o caso de todas as linguas antecitadas, agás o galego.
  2. Caso de existir unha voz patrimonial da mesma etimoloxía que o neoloxismo (que é o caso), formar un derivado da voz patrimonial. É o que fixo (de momento, e en solitario) o galego.

Cal sería o criterio correcto a seguir? Os dous son igualmente válidos. Pero na miña (humilde) opinión, e tendo en conta a cita das NOMIG arriba exposta, penso que o galego debería aliñarse co resto das linguas europeas. Do latín lactem nos dicimos leite; pero para o termo astronómico Via lactea, usado polo menos desde o Renacemento, dicimos Vía láctea, e non *Camiño do leite. En todo caso, hai que agardar a (segundo parece próxima) chegada da nova edición do dicionario da Academia, a ver se mudaron de opinión (cousa que, a verdade, non creo).

Espero as vosas opinións. Un saúdo. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 22:34, 13 de maio de 2011 (UTC)

  • A Galipedia non é fonte primaria. Xa logo, escurantismo é o que di o VOLGa e consecuentemente o que ten que poñer esta wiki. O día que se modifique no ILG-RAG, tamén se modificará aquí, por suposto. Pero antes, imposíbel, para ben e para mal. O dito: a wikipedia non é unha fonte primaria, como se di nos piares ou non sei se nas normas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:57, 13 de maio de 2011 (UTC).
Symbol support vote.svg Concordo --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:33, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Noutras linguas[editar a fonte]

Non sei si entendo ben o propósito. Na wikifr esta recomendado evitar os neoloxismos (regra elaborada con debate razoado con fontes), regra traducida e adaptada pola comunidade da wikifrancesa da seccion da wikiinglesa Neologisms da paxina Wikipedia is not a dictionary, paxina que considerase na wikifrancesa como referencia.Elvira (conversa comigo) 01:30, 14 de maio de 2011 (UTC) (translado a edicion da taberna --Elvira (conversa comigo) 12:24, 14 de maio de 2011 (UTC))

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Escurantismo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 15:37 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Escurantismo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 09:40 (UTC)