Conversa:Concerto para piano n.º 24 (Mozart)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non queda clara a relación da imaxe escollida co contido do artigo. --Norrin (Fálame) 30 de decembro de 2018 ás 15:52 (UTC)[responder]

Norrin, a relación da imaxe da caixa co contido do artigo é clara: a imaxe presenta un fortepiano ou pianoforte da época (concretamente construido 10 anos antes da composición do concerto), trátase do instrumento para o que foi escrito o concerto, de feito probablemente Mozart tocara un igual ou moi parecido cando estreou o concerto en Viena. Aínda que o título do artigo inclúa a palabra "piano", o concerto non foi escrito para o que hoxe en día coñecemos por piano, xa que non existían pianos modernos daquela, o pianoforte era "o máis" na época, pero como pasa sempre, os instrumentos melloran e concertos desa época interprétanse habitualmente con instrumentos modernos (concertos clásicos para pianoforte con piano, concertos da mesma época para violonchelo empregan violonchelos con pica e non violonchelos barrocos sen ela, os concertos para trompa se tocan con trompas modernas...), aínda que hai versións historicistas. En resumo, a imaxe mostra o instrumento para o que foi composto o concerto, e ademais un exemplar moi ben conservado e feito nunha data moi próxima á de composición do concerto. Un saúdo, Piquito (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 22:03 (UTC)[responder]

Atribución[editar a fonte]

O resumo da primeira edición dixo "{en tradución}". ¿En tradución de que ou de onde? --. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2019 ás 19:07 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Grazas polo aviso, HombreDHojalata. Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2019 ás 20:46 (UTC)[responder]

Pianoforte[editar a fonte]

Atopei referenciado no dicionario Digalego o termo pianoforte* (ver) en vez de fortepiano, usado no artigo. Habería que aclarar cal deles é o mellor termo.--Miguelferig (conversa) 18 de xaneiro de 2019 ás 23:00 (UTC)[responder]

Miguelferig, eu teño visto os dous termos empregados indistintamente (non en galego, porque non lin nada en galego sobre o tema principalmente porque se hai bibliografía eu dende logo non a coñezo). Se dis que hai unha referencia a "pianoforte" será a mellor opción, se a fonte é de referencia pode cambiarse sen problema, igual Estevoaei pode dicirnos se esa referencia é axeitada (eu mirei na RAG e non aparece nin un termo nin o outro, pero tampouco podemos poñer piano, porque non é de todo certo), e se é así o cambio (ou se ti estás seguro tamén). Grazas pola observación! Piquito (conversa) 18 de xaneiro de 2019 ás 23:46 (UTC)[responder]
Piquito, en xeral, o Digalego considérase fiable e estase usando moito como referencia, xa que é máis enciclopédico que o DRAG, é dicir, usa terminoloxía especializada de ciencias e outros campos, que o DRAG non trata coa mesma extensión. O Digalego considera o termo como unha voz estranxeira (italiana) aceptada na súa forma orixinal por iso lle poñen o asterisco (pianoforte*), o cal, por outra parte, é algo habitual en terminoloxía musical. Non obstante, non son un entendido en termos musicais como para poder dar unha opinión firme sobre isto. De todos modos, se este termo está referenciado, pois será mellor que un termo sen referencias.--Miguelferig (conversa) 19 de xaneiro de 2019 ás 00:04 (UTC)[responder]
Ben Miguelferig, mañán corrixo iso, agora non teño tempo. Grazas de novo! Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2019 ás 00:13 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Feito! Feito! Miguelferig, corrixín dous fortepianos que había, creo que non hai máis, agora queda unificado en pianoforte, que aparecía tamén no artigo indistintamente. Grazas, un saúdo! Piquito (conversa) 20 de xaneiro de 2019 ás 18:29 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Concerto para piano n.º 24 (Mozart). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de outubro de 2019 ás 19:24 (UTC)[responder]